ALCALDÍA
Chamada de atención á cidadanía por parte do alcalde ante o incremento na incidencia de contaxios, que se triplicaron na última semana
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa preocupación polos datos de contaxios por covid-19, que se triplicaron na última semana. O rexedor deu cifras: o pasado 13 de maio a incidencia por cen mil habitantes a 7 días era de 13 casos; e hoxe é de 41. "É previsible que a cifra siga crecendo a próxima semana, e iso, indubidablemente, non é bo, e debemos facer unha chamada de atención" á cidadanía.
TURISMO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade e Paradores poñen en valor o turismo de calidade como eixo central da recuperación
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre os que se atopa Santiago de Compostela e Paradores de Turismo avanza na recuperación do sector a través dun ambicioso plan estratéxico de promoción conxunta que pon en valor o turismo de calidade como eixo central da recuperación.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela Cultura abre un novo espazo na cidade: Zona C. Punto de Información Cultural
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron esta mañá aos medios de comunicación o novo espazo da concellaría: a Zona C. Punto de Información Cultural. Está situado no Preguntoiro, 1, na praza de Cervantes, no que era a antiga Casa do Concello.