IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid, vítima da violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
Unha bufanda vermella para Valle-Inclán
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a edila de Medio Ambiente, Mila Castro; o concelleiro de Educación, Rubén Prol; a voceira do grupo municipal do BNG, Goretti...
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local realiza unha campaña de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil
Durante a vindeira semana, do 8 ao 14, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo chama á responsabilidade e á prudencia da cidadanía para non dar "pasos atrás" na incidencia da covid na cidade
O alcalde de Santiago fixo repaso das cifras da covid no municipio despois dunha semana de flexibilización das restricións e reiterou o chamamento á responsabilidade porque unha volta atrás tería "consecuencias terribles".
SMARTIAGO
Hoxe comeza o prazo para participar no concurso de fotografía "Compostela, onde a luz é arte", enmarcado no proxecto Cromalux de Smartiago
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou hoxe, acompañado do director de Televés, Sebastián Pantoja, o concurso de fotografía "Compostela, onde a luz é arte". Enmarcado no proxecto Cromalux, unha das tres liñas de actuación de Smartiago, premiará as tres mellores imaxes de edificios iluminados de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en EEUU e Canadá de cara á recuperación do turismo
Turismo de Santiago participou onte nunha xornada de promoción da European Tourism Organizations Association dirixida específicamente a EEUU e Canadá, dous mercados cun alto gasto por turista e que estaban vivindo un crecemento moi importante na cidade nos últimos anos antes da crise do Covid-19.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio organizará dous foros internacionais sobre cultura, turismo e xestión do patrimonio
A Comisión de Patrimonio do Grupo, presidida polo alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, e na que participou a concelleira de Urbanismo de Santiago, Mercedes Rosón, impulsa a axenda de grandes eventos para 2021 cun foro de Cultura Segura na primavera en Alcalá de Henares e un cumio hispano-luso no outono en Mérida, así como cun conxunto de accións que reforzan a identidade corporativa común das 15 cidades españolas co selo Unesco.
SMARTIAGO
Hoy comienza el plazo para participar en el concurso de fotografía "Compostela, donde la luz es arte", enmarcado en el proyecto Cromalux de Smartiago