FACENDA
O luns 6 de xullo, último día para realizar o pagamento voluntario do IVTM
A Concellaría de Facenda comunica que o luns 6 de xullo será o último no que se poderá realizar o pagamento voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do período impositivo 2020. Cómpre lembrar que o prazo para o abono deste imposto fora ampliado a raíz da crise da Covid-19.
IGUALDADE
O Concello celebra este domingo o Día do Orgullo LGTBI coas actividades de Compostela Diversa
Xa está todo listo para a celebración este domingo, 28 de xuño, das actividades de Compostela Diversa, coas que a Concellaría de Igualdade vai celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI. Pola mañá lerase o manifesta con motivo desta data e pola tarde, a partir das 19:00 horas, celebrarase un evento no Teatro Principal que poderá seguirse ao vivo a través de streaming.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a aposta polo centro biotecnolóxico do parque da Sionlla para "diversificar e ampliar a base económica da cidade"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción pola aprobación onte, no Consello da Xunta, da achega autonómica de algo máis de 4 millóns de euros para o centro biotecnolóxico Sionlla Biotech, promovido pola Asociación Área Empresarial do Tambre no parque empresarial da Sionlla. Reiterou o compromiso municipal para sacar adiante estas instalacións, que se construirán nun terreo cedido polo Concello de Santiago.
FESTAS
Continúa "Prima20" co comercio na rúa e máis actividades para todos/as durante a fin de semana
Prima20, a festa do comercio local, continúa esta fin de semana cos establecementos sacando os seus produtos á rúa e actividades para todos os públicos, animando así as compras e o consumo tras o parón do confinamento. A entrada para as actividades é de balde, pero hai que reservala como medida de control de aforo e garantía das distancias de seguridade. A reserva pode facerse a través da web comerciolocal.gal ata as 10:00 horas do día no que se celebra.../em>
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asistiu á cerimonia de entrega do mando do Aeródromo Militar de Santiago ao coronel Pedro M. Díaz González
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á cerimonia de entrega de mando do Aeródromo Militar de Santiago e Comandancia Militar Aérea de Aeroporto de Santiago ao coronel Pedro M. Díaz González.
MOBILIDADE
En marcha ata o domingo en Amio a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, inaugurou oficialmente este venres a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago de Compostela, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do 25 ao 28 de xuño.