IGUALDADE
O CIM mantén o seu nivel de atención durante a crise sanitaria do COVID-19
Malia as dificultades ocasionadas polo estado de alarma e a crise sanitaria do COVID-19, o Centro de Información ás Mulleres está mantendo o seu nivel de atención en canto a número de usuarias que recorren a este servizo municipal, en relación á mesma época de anos anteriores. Isto é posible grazas a que no CIM se articularon as medidas necesarias para seguir garantindo a asistencia integral das vítimas de violencia de xénero e a adaptación das modalidades de prestación nestas circunstancias...
PERSOAL
A partir do luns restableceranse progresivamente as actividades dos servizos municipais non esenciais
A partir do luns, 18 de maio, restableceranse as actividades dos servizos municipais non esenciais afectados pola declaración do estado de emerxencia; e volverase ao horario ordinario de 8:00 h. a 15:00 h. previamente existente. Así o establece o Decreto emitido por Alcaldía de actuación para o persoal empregado público, con motivo da transición cara unha nova normalidade, na que se tivo especialmente en conta a importancia da conciliación familiar e laboral coa axeitada prestación de servizos.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende mañá xoves
Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas de mañá xoves 14 de maio e ata o remate das obras. Os desvíos estarán sinalizados de tal xeito que sexa o túnel do Hórreo o que canalice o tráfico na zona sur da cidade (Castiñeiriño) a través da SC-11, avenida de Santiago de Cuba, e tamén para a entrada ou saída dende a SC-20 – N-550.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
REDEL celebra a súa Asemblea Xeral de xeito virtual e inicia unha reflexión sobre o futuro das axencias de desenvolvemento
Esta mañá tivo lugar a Asemblea Xeral da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), coa participación de 23 das 26 entidades que forman parte da rede, un encontro que se celebrou de xeito virtual.
SOLIDARIEDADE
Sindo Guinarte participa na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, participou hoxe na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na que os participantes amosaron a súa confianza en que, tras a superación da crise sanitaria da COVID-19 a nivel estatal, se abra un espazo de maior solidariedade e colaboración cos países do Sur, froito da reflexión sobre a interconexión entre os pobos e a importancia da solidariedade para superar os retos globais. A reunión celebrouse por vía telemática.