XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de mellora dos equipamentos deportivos de Figueiras
Os equipamentos deportivos e sociais de Figueiras van ser sometidos a unha importante mellora, que solucionará os seus problemas de accesibilidade e filtracións de auga. A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato para executar ás obras, que custarán algo máis de 255.000 euros procedentes do POS+ 2018 da Deputación da Coruña.
DEPORTE
Santa Isabel acolle o Campionato de España Sénior de Loitas Olímpicas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles do Campionato de España Sénior de Loitas Olímpicas, que acolle o noso municipio os días 1 e 2 de marzo en Santa Isabel. Na rolda de prensa tamén participaron o presidente da Federación Española de Loitas Olímpicas, Francisco Javier Iglesias, e o director técnico da Federación Galega, Pablo Pintos.
ALCALDÍA E TURISMO
O aeroporto Rosalía de Castro estrea oficina de turismo compartida polo Concello e a Xunta
O aeroporto Rosalía de Castro-Lavacolla estrea hoxe unha nova oficina de información turística, froito da colaboración entre o Concello de Santiago, a Consellería de Cultura e Turismo, AENA e o Ministerio de Fomento. Trátase dunha instalación que estará atendida por persoal de Turismo de Santiago e que "será a mellor carta de presentación da nosa cidade e do noso país para os milleiros de persoas que chegan a Galicia a través do aeroporto compostelán", en palabras do alcalde, Martiño...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a declaración de lesividade dos pregos de licitación da Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno aprobou hoxe, a proposta de Alcaldía, a declaración de lesividade para o interese público dos pregos que rexeron a contratación do servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización das actividades da Escola Municipal de Música. Martiño Noriega explicou que se abre agora un prazo de dous meses no que o propio Concello deberá impugnar os pregos diante da xurisdición contencioso-administrativa.
XUNTA DE GOBERNO
O próximo día 15 abre o prazo de inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa
O prazo de inscrición e matricula no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa estará aberto do 15 ao 29 de marzo, ambos días incluídos. As actividades desenvolveranse nos CEIPs Monte dos Postes e Raíña Fabiola, os días 15, 16, 17 e 22 de abril.
ALCALDÍA
O alcalde participa na presentación do "Dicionario da Comida Galega"
O alcalde participou hoxe na presentación dun traballo pioneiro na cultura galega: o Dicionario da Comida Galega, de Xabier Rodríguez Baixeras. No acto, Martiño Noriega loubou o volume, que "xunta información sobre gastronomía, lingua, literatura e historia do país".
CONVIVENCIA
Reordenada a circulación na avenida de Lugo para mellorar a seguridade
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de reordenar o tráfico na avenida de Lugo, á altura do seu enlace coa SC-20, para mellorar a seguridade viaria. A modificación consistiu na eliminación das frechas de fin de carril existentes á altura da rotonda que comunica a avenida de Lugo coa SC-20, e a división de dous carrís diferenciados, cun terceiro carril de incorporación para os vehículos que circulen cara a rúa da Batalla de Clavijo.