ALCALDÍA

O alcalde destaca a contribución do escultor Cándido Pazos a "realzar a importancia da cidade e da tradición xacobea"

09/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de entrega da réplica da Porta Itineris Sancti Iacobi ou Porta de Europa, de Cándido Pazos, á Catedral. A escultura orixinal é a que, dende hai máis dunha década, recibe en San Lázaro aos peregrinos que se achegan a Compostela polo Camiño Francés. O artista realizou unha reprodución en prata e acibeche que agora se exhibirá no Museo da Catedral.

Ler máis

XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude promove o turismo activo e o deporte de aventura no programa de actividades de verán

09/04/2015

A concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, presentou a oferta do seu Departamento para o tempo libre e o lecer durante as vacacións de verán, que inclúe varias iniciativas coas que se pretenden dar resposta aos intereses da mocidade da cidade. A programación para este verán 2015 conta con tres opcións nas que o deporte e a aventura teñen un gran protagonismo.

Ler máis

ALCALDÍA

Hernández cualifica #ComposGastroBlog como "unha peza fundamental na aposta pola promoción da nosa gastronomía", sintetizada na marca Compostela Gastronómica

09/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou a primeira edición de #ComposGastroBlog, as Xornadas de Comunicación 2.0 e Gastronomía de Santiago, que reúnen no Hostal dos Reis Católicos a máis de 100 expertos no mundo da gastronomía e a súa difusión a través das redes sociais. #ComposGastroBlog celébrase este xoves e venres, e serve de antesala e plataforma de promoción de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que terá lugar...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde defende a cooperación no terreo comercial e empresarial, "onde se xera boa parte da riqueza económica, laboral e social dun concello e da sociedade no seu conxunto"

09/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou as novas instalacións do Club Financeiro de Santiago no Edificio Quercus, no Polígono da Costa Vella (rúa Letonia, 2). Nas mesmas, dixo, poderán cumprir coa súa función de "apoio, asesoramento e promoción dos intereses empresariais dos seus asociados e, por extensión, da cidade de Santiago, onde radican os seus principais activos e intereses".

Ler máis

ALCALDÍA

Entregados en Raxoi os premios da VI Olimpíada Galega de Economía

09/04/2015

Nun acto celebrado no salón vermello do Pazo de Raxo, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entregou os premios da VI Olimpíada Galega de Economía. Compostela foi por segunda vez sede desta fase autonómica do certame, logo da primeira edición celebrada no curso 2008-2009.

Ler máis

CULTURA

Humor, teatro e música reggae na programación cultural deste venres

09/04/2015

A programación cultural para este venres ofrece tres propostas moi variadas entre si, de humor, teatro e música. Comeza a xornada con Raúl Cimas & Julián López, que presentan Toda la verdad sobre el oso hormiguero no Auditorio Abanca ás 20:30 horas dentro do ciclo Falabaratos. E á mesma hora, pero na Zona C, a compañía viguesa A Artística ofrece Arquitectura da emoción, a primeira parte da súa triloxía, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Péchase a xornada...

Ler máis
Compartir: