CULTURA

Santiago e outras 14 cidades españolas, francesas e portuguesas asinan o convenio marco do Camiño Cultural Atlántico

15/07/2014

A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, asinou este martes en Bilbao o convenio marco do Camiño Cultural Atlántico, concibido como unha ruta costeira entre o sueste de Francia, Norte de España e Norte de Portugal. O documento foi subscrito tamén por alcaldes e representantes municipais de Bilbao, Biarritz, San Sebastián, Santander, Gijón, Oviedo, Avilés, Vigo, Braga e Guimaraes. As outras catro cidades implicadas (Burdeos, Bayona, A Coruña e Porto), suscribirá este mesmo acordo en datas próximas,...

Ler máis

REHABILITACIÓN

Novos horarios durante o verán para as visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte

15/07/2014

Continúa o programa de visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte iniciado o pasado mes de maio co obxectivo de explicar e contar in situ a súa historia. As visitas programadas para os meses de xullo, agosto e setembro -de carácter divulgativo e didáctico- están abertas ao público en xeral. Nos meses de outubro e novembro as visitas destinaranse aos grupos escolares.

Ler máis

CONSORCIO

Conferencia no marco da exposición sobre os 75 anos do Exército do Aire en Galicia

15/07/2014

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, acolle dende a semana pasada a exposición itinerante que celebra o 75 aniversario do Exército do Aire en España. Este mércores 16 de xullo é o último día para visitar a mostra. Ás 12:00 horas celebrarase unha conferencia na que o comandante galego retirado Rafael Permuy López abordará a historia desta forza aérea en Galicia. Fará un percorrido polas principais anécdotas que tiveron lugar ao longo destes anos, con especial...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde trasládalle ao presidente da Xunta o acordo plenario de defensa da demarcación xudicial de Santiago de Compostela

15/07/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, mantivo o seu primeiro encontro institucional co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a súa toma de posesión como rexedor municipal. Na reunión avanzaron en relación a diversos proxectos da cidade nos que está implicado o Executivo autonómico, como a defensa da demarcación xudicial de Santiago, a variante de Aradas, a depuradora da Silvouta, a estación intermodal, as obras de restauración da Catedral ou a creación do Bosque de...

Ler máis
Compartir: