ALCALDÍA
Compromiso para sinalizar os límites da tarifa urbana do servizo de taxis
O alcalde, Ángel Currás, reuniuse con representantes da Asociación de Taxistas de Compostela, nunha xuntanza na que tamén participou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez. No encontro falouse prioritariamente da sinalización do límite da tarifa urbana no termo municipal e da presenza de taxis no aeroporto de Lavacolla.
PARQUES E XARDÍNS
O estanque da Alameda recuperará as aves e quedará mellor integrado no paseo central
A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao, presentou o proxecto de mellora no estanque da Alameda e do xardín a carón do mesmo. Intervirase na xardinería, nas instalacións, no mobiliario, na pavimentación e na impermeabilización. O orzamento inicial será de 119.979 euros, procedentes de remanentes.
CULTURA
Dezanove espectáculos para os máis pequenos e as súas familias na primeira entrega de 2013 do ciclo Infantil & Familiar
O alcalde, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Infantil & Familiar para os meses de xaneiro a abril. Trátase dunha variada proposta que inclúe teatro infantil, funcións específicas de teatro para bebés, concertos, música clásica, contos musicais, combinacións de música e cinema e música e títeres, maxia, un musical e espectáculo de títeres.