TURISMO
Incolsa aproba as contas de 2010 cun saldo positivo de 221.712 euros despois de impostos
O consello de Administración de Incolsa, presidido polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, aprobou a formulación das contas anuais correspondentes ao exercicio do 2010, cun saldo positivo de 221.711 euros despois de impostos. Das contas extráese un volume de ingresos de 2.579.270 euros e un volume de gastos de 2.357.558 euros.
ALCALDÍA
Compostela súmase aos actos do Día Mundial contra o Cancro de Colon
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na Alameda nos actos programados pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Colon.
CULTURA
Música, teatro e danza na oferta cultural de Compostela para o mes de abril
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural do mes de abril, na que destacan o programa de abono, Hindi Zahra en Sons da Diversidade; Teatro Lliure Gràcia en Teatro en Xira e Traspediante no SCQ Danza. Ademais, resaltaron que o día 6 inaugúrase unha nova exposición no Auditorio de Galicia, Casus Belli +Refutación do contexto`/em], e que nos Centros Socioculturais se desenvolverá un programa sobre a...
PLENO
A Corporación municipal dá o visto bo ao Plan Especial de Brañas do Sar
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de marzo, aprobou definitivamente o Plan Especial de Ordenación, Mellora Medioambiental e Acondicionamento de Brañas do Sar (PE-3R).
PLENO
O Pleno insta á Xunta a dotar dunha nova sede á Escola Oficial de Idiomas
A Corporación municipal aprobou en Pleno unha moción que reivindica a construción dunha nova sede para a Escola Oficial de Idiomas.