CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

O Concello prega desculpas aos veciños polas molestias a causa das obras en Amor Ruibal

25/06/2009

As obras que se están a levar a cabo para a construción do túnel do Hórreo obrigaron a realizar na noite do mércores 24 un corte temporal de tráfico na rúa Amor Ruibal. Os traballos, que teñen que ver coa rede de abastecemento de auga, comezaron as 22:00 horas e remataron as 5:30. O xoves 25 realizarase un novo corte tamén en horario nocturno que comezará ás 22:00 horas e que se axilizará todo o posible co fin de minimizar as molestias.

Ler máis

TURISMO

Comeza o II Concurso "Santiago(é)Tapas"

25/06/2009

Do 25 de xuño ao 12 de xullo poderán percorrerse cinco rutas con 50 estabelecementos para probar 109 tapas grazas ao II Concurso Santiago(é)Tapas. Este evento de promoción da gastronomía galega en Compostela conta xa coa súa páxina de Facebook.

Ler máis

ALCALDÍA

Remata o prazo para votar as candidaturas do Camiño de Santiago e das Festas do Apóstolo como Tesouro do Patrimonio Cultural Inmaterial de España

25/06/2009

Cando faltan tres días para que finalice o período de votación para a elección dos 10 Tesouros del Patrimonio Cultural Inmaterial de España, as Candidaturas de Bilbao, León, Teruel, Zaragoza, Jaén, Santiago, Algemesí, Valencia, Cádiz e Mayorga encabezan a clasificación provisional da elección dos 10 Tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA

Máis de 50 inscritos no I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica

25/06/2009

Xa son máis de 50 os inscritos no I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago, que organizan as concellerías de Medio Ambiente e de Cidade Histórica. O Concurso quere chamar a atención sobre a importancia de recuperar os balcóns como elementos vivos da Cidade Vella. Por iso, premiará a orixinalidade, conservación, harmonía e combinación de cores destes balcóns. Ademais dos premios da organización haberá un premio da cidadanía, para o cal se habilitará un espazo na microweb...

Ler máis
Compartir: