BENESTAR SOCIAL

A Rede de Inserción Sociolaboral de Santiago mellorará a coordinación entre as entidades de loita contra a pobreza

19/06/2009

A Concellería de Benestar Social, xunto con 15 entidades de iniciativa social do municipio de Compostela, veñen de asinar a creación da Rede de Inserción Sociolaboral de Santiago de Compostela. Esta entidade xorde co obxectivo último de mellorar a coordinación entre as entidades e as posibilidades de inserción dos colectivos en risco de exclusión da cidade.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Actividades ao aire libre para todos os públicos en "Vive o Verán!"

19/06/2009

Presentouse no Parque de Belvís o programa da segunda edición de Vive o Verán!, unha iniciativa das concellarías de Cultura e Centros Socioculturais e Medio Ambiente, que ofrece un amplo abano de actividades ao aire libre para todos as idades. A programación iníciase o sábado 20 coa celebración da Feira do Sol na Alameda e unha romaría no Local Sociocultural de Cesar, e prolongarase durante os meses de xullo e agosto.

Ler máis

EMPREGO

Máis de 1.300 empresas colaboran co Servizo de Intermediación Laboral de Promoción Económica

19/06/2009

1.356 empresas de Santiago e comarca colaboran co Servizo Municipal de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Os datos destas entidades, todas elas fidelizadas, están no aplicativo informático do servizo, denominado Plataforma de Intermediación Laboral, no que tamén hai inscritas 2.643 persoas, entre demandantes de emprego e traballadores/as que buscan mellorar as súas expectativas laborais.

Ler máis

TURISMO

Cincuenta estabelecementos participan con 109 propostas en "Santiago(é)Tapas"

19/06/2009

Santiago de Compostela celebra o seu II Concurso Santiago(é)Tapas. Do 25 de xuño ao 12 de xullo, composteláns e visitantes poderán lanzarse a percorrer cinco rutas, con 50 locais competidores, 109 tapas para degustar e votar, e moitos premios nesta orixinal peregrinación. Que ninguén quede sen o seu Tapasporte, a credencial que permite reunir os selos do bo comer na capital gastronómica galega.

Ler máis
Compartir: