COMERCIO

Aberto o prazo de inscrición na edición de verán de Escaparatismo

16/06/2009

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na edición de verán do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que finaliza o 29 de xuño. O departamento comezou a entregar as bases do certame aos aproximadamente 2.500 estabelecementos comerciais que existen en Santiago. O obxectivo do concurso, dirixido a todos os comercios da cidade, é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica impartirá 13 cursos por teleformación a través da súa páxina web

16/06/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou a apertura do prazo para inscribirse en 13 novos cursos do Plan de Formación 2009, a través dos que se poderán formar 195 persoas. Impartiranse a través da modalidade de teleformación, concretamente a través dunha Plataforma de formación on-line que se subirá en breve á páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela e Ávila, 22 anos unidas polo ciclismo

16/06/2009

Un ano máis, e xa son 22, chegaron á cidade os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago. A delegación de 18 ciclistas foi recibida en Raxoi pola concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela irmándase coa cidade italiana de Pisa

16/06/2009

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, firmou o acordo de irmandamento coa cidade italiana de Pisa. O acto tivo lugar na Abadía di San Zeno dentro dunha cerimonia múltiple na que a cidade italiana se irmandou ademais con outras tres cidades: a dinamarquesa de Kolding, a chinesa de Hangzhou e a grega de Rhodas.

Ler máis
Compartir: