EDUCACIÓN

Os máis pequenos participan nun Parque Infantil de Tráfico en Conxo

15/06/2009

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, achegouse ata a Escola Infantil Municipal de Conxo, onde os alumnos do centro, xunto cos das escolas infantís de Fontiñas e San Roque participaron nun Parque Infantil de Tráfico. Esta actividade enmárcase no Programa de Educación Viaria e na Autoprotección ¿Onde está o perigo?, organizado polas concellerías de Educación e de Seguridade Viaria. O Parque funcionará de 11:00 a 12:30 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde apoia a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

15/06/2009

O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sumouse á campaña de apoio á declaración da Torre de Hércules, único faro romano do mundo que segue en funcionamento, como Patrimonio Mundial. Visitou, xunto co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a carpa instalada na Praza do Obradoiro destinada á recollida de sinaturas e engadiu a súa ás máis de 300.000 que xa se teñen recadado para esta misión.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago adxudica a restauración global dos retábulos das Ánimas

15/06/2009

O Consorcio de Santiago, logo de valorar as diferentes propostas presentadas ao Concurso do Servizo de Restauración dos retábulos 1, 2, 4, 5, 6, 8 e 9 da Capela Xeral das Ánimas, decidiu adxudicar as obras de recuperación á empresa de restauración Alfagía, quen realizará os traballos por un importe total de 285.360 euros, comprometéndose a rematalos nun prazo de 10 meses. Ao concurso, que contaba cun orzamento de 300.000 euros, concurriron un total de 8 empresas de restauración.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Un grupo de persoas en situación de pobreza extrema finaliza o Camiño de Santiago cunha recepción no Concello

15/06/2009

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, recibiu no Pazo de Raxoi un grupo de peregrinos que se atopan nunha difícil e precaria situación. Realizaron o Camiño de Santiago acompañados polos membros das organizacións non lucrativas Igaxes3 e Fundación Rede de Apio á Integración Sociolaboral, que traballan con eles nos seus programas de atención.

Ler máis

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Compostela participa nun congreso internacional sobre inmigración en Pisa

15/06/2009

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, participou en Pisa nun congreso sobre as "Políticas de inmigración" no marco da administración municipal. organizado pola cidade italiana dentro do programa de actos do irmandamento que se asinará o martes 16 coa cidade toscana.

Ler máis

ALCALDÍA

O Premio Nobel de Química Roger Kornberg asinou no Libro de Honra do Concello

15/06/2009

Antes de dirixirse ao Teatro Principal para pronunciar unha conferencia titulada Ciencia básica, a esperanza do progreso, o Premio Nobel de Química en 2006, o estadounidense Roger Kornberg, pasou por Raxoi. Alí foi recibido pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e asinou no Libro de Honra do Concello. O científico está en Compostela no marco do Programa ConCiencia.

Ler máis
Compartir: