ALCALDÍA

O alcalde visita o Fogar Español e departe con emigrantes galegos en Montevideo

06/05/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o Fogar Español, onde residen 211 emigrantes españois de escasos recursos económicos, dos que arredor dun 80% son galegos. O Fogar conta tamén cun centro de día que atende a 34 residentes temporais, cuxas prazas son financiadas pola Fundación Galicia Emigración. Nos últimos anos o Fogar experimentou un cambio importante en canto a infraestruturas e acondicionamento.

Ler máis

TURISMO

Santiago será protagonista do programa brasileiro "Vai pra onde?"

06/05/2009

A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como plató de rodaxe, está colaborando con Vai pra onde?, un programa de viaxes de referencia na televisión brasileira, para a rodaxe dun capítulo dedicado a Santiago de Compostela. O programa estreouse no ano 2007 e, dado a súa boa recepción por parte da audiencia do Brasil, está xa na súa terceira tempada. O programa gravarase na cidade entre o 21 e o 23 de maio.

Ler máis
Compartir: