BENESTAR SOCIAL

O Concello abrirá a Casa das Asociacións de Benestar Social cando se resolvan os defectos da obra e se incorpore o mobiliario

24/04/2009

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, compareceu ante os medios de comunicación para indicar que a apertura da Casa das Asociacións de Benestar é "unha prioridade" para ela e para o Concello. Explicou que o feito de que aínda estea pechada ten que ver con "problemas administrativos alleos á vontade do Concello e á miña persoal".

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e o Colexio de Avogados colaboran na ampliación da asistencia xurídica gratuíta

24/04/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou no Pazo de Raxoi, un convenio de colaboración co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira. Este acordo establece a implantación e funcionamento dunha quenda de letrados especializados en dereito administrativo e laboral para prestar asistencia e asesoramento xurídico na vía administrativa previa, de cara á formulación dos recursos administrativos procedentes, que na actualidade quedan fóra do ámbito da xustiza gratuíta.

Ler máis

CULTURA

O ciclo Sons da Diversidade trae a Compostela o "Projecto Miño"

24/04/2009

O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, presenta o domingo 26, ás 21:00 horas., no Auditorio de Galicia, o Projecto Miño do Baldo Martínez Grand Ensemble, que estará acompañado nesta ocasión polo mestre zanfoñista francés Valetín Clastrier.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A concelleira de Centros Socioculturais debateu con escolares sobre o filme "O pesadelo de Darwin"

24/04/2009

No Centro Social e Cultural do Ensanche, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asistiu ao debate suscitado pola proxección do documental O pesadelo de Darwin cos alumnos e alumnas do colexio Divino Mestre. A sesión encádrase dentro do programa de cinema e medio ambiente Imaxinando e no marco da celebración da Semana Social e Cultural do Ensanche.

Ler máis

XUVENTUDE

Tramaturgia gaña a final de hip hop de "MúsicaXove’09"

24/04/2009

A Sala Capitol viviu a final máis disputada das que se levan celebrado ata agora nas dúas edicións do MúsicaXove, certame organizado pola Concellaría de Xuventude. Competían tres grupos de hip hop, Tramaturgia, Mito Escrito e Bronquitis Crónica, que recibiron os aplausos de un público entregado aos ritmos urbanos e letras do hip hop galego.

Ler máis
Compartir: