ALCALDÍA

Constituída a comisión que preparará a presenza de Santiago na Expo de Shanghai

16/02/2009

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia formalizaron no Pazo de Raxoi a constitución da Comisión Especial de Cooperación para apoiar a participación de Santiago de Compostela na Exposición Universal de Shanghai que se celebrará en 2010, acto que estivo presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A Concellaría de Medio Ambiente e Adega traen a Compostela unha exposición sobre o lobo

16/02/2009

A concelleira dE Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, inaugurará o martes 17, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, a exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia". Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa (AAAGP), e pretende ser un alegato pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.

Ler máis

EMPREGO

Os Programas de Cooperación solicitados polo Concello contemplan insertar laboralmente a máis de 200 persoas

16/02/2009

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo enviou á Consellería de Traballo a solicitude de subvención para desenvolver 27 Programas de Cooperación que contemplan insertar laboralmente a 202 persoas. O obxectivo destes programas é contratar a persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade en Xapón

16/02/2009

Turismo de Santiago promocionou a cidade en Xapón entre o 4 e o 7 de febreiro, nunha actividade na que participou Christina Oiticica, muller do escritor Paulo Coelho. A artista brasileira intenta retratar a través do seu traballo, de maneira simple e directa, o mundo, o presente e a sociedade actual. A súa obra está moi influída pola súa peregrinación a Santiago de Compostela, que fixo en xullo e agosto do 1990. Dende entón ten feito múltiples exposicións sobre o Camiño.

Ler máis
Compartir: