ALCALDÍA

En maio estarán en marcha todas as obras financiadas polo fondo estatal

30/01/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o Ministerio de Administracións Públicas (MAP) xa aprobou 27 das 33 obras presentadas polo Concello para o seu financiamento a cargo do fondo estatal de investimento público. Unha vez que se aproben os seis restantes proxectos, o Concello prevé licitar todas as obras ao longo do mes de marzo, co obxectivo de que todas estean en marcha no mes de maio.

Ler máis

DEPORTES

A Agrupación Deportiva Salesianos fíxose co Premio Especial Deporte e Vida

30/01/2009

A Agrupación Deportiva Salesianos Don Bosco foi galardoada co Premio Especial Deporte e Vida por ser a entidade que, no primeiro ano do desenvolvemento do Plan Integral Deporte e Vida, destacou na aplicación conxunta da saúde, a educación, o benestar social e a non violencia na formación dos seus deportistas a través do deporte. A entidade recibiu o premio no transcurso da Gala do Deporte Compostelán, presidida polo alcalde e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, e que contou con Caixanova...

Ler máis
Compartir: