NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os máis pequenos aprenderán as tarefas dunha granxa mentres se desenvolven en galego
A Concellaría de Normalización Lingüística, dirixida por Guadalupe Rodríguez, vén de poñer en marcha unha iniciativa novidosa: facer que os nenos se expresen en galego ao tempo que coñecen o funcionamento dunha granxa ou se inician nas tarefas propias dunha horta ou dun invernadoiro. Todo isto poderán facelo na granxa escola campamento da Fervenza do Toxa, en Silleda.
PSICOLOXÍA
Santiago acolle un curso de verán no que se ensina a transmitir malas novas
Os participantes do curso "Como transmitir malas noticias. Aspectos psicolóxicos, clínicos e ético-xurídicos" foron recibidos no día de hoxe polos representantes municipais. Profesionais de diversos ámbitos atópanse en Santiago para asistir a este curso de verán que organiza a Facultade de Psicoloxía.
TURISMO
‘En Compostela 2008-2009’ recibirá aos clientes dos hoteis da cidade
Como todos os anos, Turismo de Santiago edita a publicación ‘En Compostela’, unha revista de luxo que permanecerá entre 2008 e 2009 nos hoteis de categoría superior e nos mostradores dos congresos para ‘tentar’ visualmente aos visitantes da cidade.
CONSORCIO
O Consorcio destina 250.000 euros para acondicionar as ribeiras do río Sarela no tramo do Xardín Botánico
As obras de acondicionamento das ribeiras do río Sarela, no tramo que afecta a actuación do Xardín Botánico, serán fianciadas polo Consorcio de Santiago, segundo un convenio asinado hoxe entre o alcalde e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Senén Barro. A contía do orzamento previsto para este fin é de 250.000 euros.
SANIDADE
O alcalde visita as novas instalacións do hospital de La Esperanza
Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu esta mañá ao hospital privado La Esperanza, sito na Avenida das Burgas, para visitar as instalacións deste centro que experimentou unha gran transformación nos últimos seis anos.