URBANISMO

O Castiñeiriño contará con preto de 200 novas vivendas

12/07/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de colocación da primeira pedra do solo urbanizable non programado número 11 do Castiñeiriño, ubicado xunto á igrexa de Fátima. Este polígono, promovido por Emuvissa, alberá un total de 196 vivendas, a maioría delas de protección oficial, ademais de zonas verdes, viario público e novas dotacións para un barrio en clara fase de expansión.

Ler máis

ALCALDÍA

Presentada en Raxoi a revista Vía Francíxena que busca revitalizar as rutas de peregrinación a Roma

12/07/2008

O acto de presentación tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Raxoi na mañá do sábado 12 de xullo e estivo presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Interviñeron na mesma o presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Paulo Caucci Von Saucken; o presidente da Asociación Europea das Vías Francíxenas, Massimo Tedeschi; e os directores xerais de Bens Históricos do Ministerio de Cultura italiano, Roberto Cecchi e Mauricio Fallace.

Ler máis
Compartir: