SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local poñerá en marcha unha campaña de control de alcoholemia a partir do 8 de decembro

05/12/2008

A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, acompañada polo xefe da Policía Local de Santiago, Norberto Villaverde, anunciou a posta en marcha desta campaña no mes decembro. Así mesmo, presentaron nesta rolda os resultados acadados na campaña de control do teléfono móbil, que se saldou con 45 persoas denunciadas por facer un uso indebido do mesmo ao volante.

Ler máis

FESTAS

As rúas da cidade xa brillan neste Nadal

05/12/2008

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, puxo en funcionamento o alumeado preparado por Raxoi para estas datas. En total, máis de cuarenta rúas e oito prazas lucirán durante este mes un decorado especial, no que o Concello investiu 165.000 euros. No acto tamén estiveron presentes os responsables das empresas encargadas da decoración (Blachere, no Casco Histórico, e Iluminacións Santiaguesas, no Ensanche).

Ler máis

MERCADOS

Mercagalicia pecha o exercicio de 2008 segundo o previsto

05/12/2008

O concelleiro de Transportes e Mercados, Carlos Nieves, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia, que tivo lugar na sede desta entidade, no Polígono do Tambre. Nesta sesión deuse conta da marcha da planificación realizada a principios de ano.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela acollerá no Ano Santo un encontro de Santiagos de todo o mundo

05/12/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe, venres 5, xunto co alcalde de Santiago de los Caballeros, José Enrique Sued, a primeira xornada do I Encontro de Santiagos de América e Europa, preparatoria para unha gran reunión de cidades denominadas Santiago no último fin de semana de setembro de 2010.

Ler máis
Compartir: