PLENO

O Pleno ratifica as ordenanzas fiscais para o ano 2009

10/12/2008

Tras rexeitar o grupo de Goberno as alegacións presentadas polo PP e por unha compañía de telecomunicacións, o Pleno aprobou definitivamente as ordenanzas fiscais para o ano 2009. Cómpre recordar entre o máis salientable a conxelación da taxa do lixo, unha nova taxa para as empresas de telefonía móbil e a actualización das demais segundo o IPC.

Ler máis

CULTURA

Nut Teatro representa no Principal "A mirada de Pier"

10/12/2008

Os días 11, 12 e 13 de decembro representarase no Teatro Principal A mirada de Pier, peza teatral que a compañía Nut Teatro. O espectáculo foi presentado en Raxoi pola concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e o director da obra, Carlos Neira.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Unha planta de compostaxe e un centro de beleza gañan o Concurso de Novas Ideas Empresariais

10/12/2008

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os seis proxectos premiados no Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2008. Son Compostela Inserta Empresa de Inserción, OnTouch Nueva Tecnología Publicitaria, Comarca 54; Xinoé Centro de Beleza, C&B Asociados Consultoría Laboral Fiscal e Contable e Perruquería Karibú. Ao certame presentáronse 27 solicitudes.

Ler máis

TURISMO

Beatriz Sotelo ensina arte gastronómica en "Santiago Repetirás"

10/12/2008

Beatriz Sotelo, cociñeira do restaurante A Estación de Cambre, será a encargada de conducir a segunda sesión de "Merco e cociño con..." o sábado 13 de decembro. Este innovador taller, enmarcado dentro das actividades do programa gastronómico Santiago Repetirás, desenvolvido por Turismo de Santiago, descobre aos asistentes como é un día na vida dun cociñeiro, dende a compra do produto ata a súa conversión nun elaborado menú.

Ler máis
Compartir: