EDUCACIÓN

As matemáticas e a arte, unidas a través da obra de Escher

05/11/2008

Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 10 ao 14 de novembro, a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración coa Concellería de Educación, organiza a exposición interactiva "Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte". A mostra estará na Galería Sargadelos.

Ler máis

DEPORTES

O pavillón de Santa Isabel estrea pista deportiva

05/11/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o pavillón polideportivo de Santa Isabel. Alí vén de realizarse a obra de substitución do pavimento de madeira, por un importe de 175.000 euros. En paralelo adquiríronse novas canastras para completar o equipamento.

Ler máis

TURISMO

A mellor salsa do mundo chega a Santiago da man de "Salsorro"

05/11/2008

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e un dos organizadores de Salsorro, Diego Berea, presentaron a VII Edición do Festival Internacional de Salsa de Galicia, que se celebrará do 7 ao 9 de novembro. En Salsorro participarán máis de 2.000 persoas procedentes de máis dunha ducia de países e bailaríns e compañías de sona mundial, como Víctor e Burjú, directores da compañía Hacha y Machete, de Boston, que tamén estiveron na...

Ler máis
Compartir: