ALCALDÍA

Santiago, parada obrigada nos circuítos culturais do Imserso en Galicia

24/11/2008

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera; a directora xeral do Imserso, Pilar Rodríguez, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentaron no Hostal dos Reis Católicos a temporada 2008-2009 do Programa de Vacacións para Persoas Maiores do Imserso. Desenvolverase ata o mes de xuño e beneficiará a un millón de persoas maiores.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica repartirá 500 lapis de memoria na III Xornada Emprende en Compostela

24/11/2008

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo repartirá 500 lapis de memoria na III Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 2 de decembro no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.

Ler máis

DEPORTES

Os deportistas composteláns proxéctanse cara a elite

24/11/2008

A Fundación Compostela Deporte, en consonancia política deportiva do Concello, puxo en marcha no 2005 o programa de Bolsas de Formación e Perfeccionamento para deportistas individuais. Os resultados dun estudo realizado por Mariano García-Verdugo, membro do Comité de Selección das Bolsas, amosa que a evolución dos deportistas composteláns con proxección de cara á elite é unha realidade.

Ler máis

MERCADOS

A Caravana dos Cativos congregou en Amio a case 15.000 persoas

24/11/2008

"A Caravana dos Cativos", o parque temático infantil organizado polo Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar, encheu o Recinto Feiral de Amio cos personaxes de animación máis actuais (Doraemon, Shin Chan, Keroro...), os clásicos de sempre (Barrio Sésamo, Heidi, as Tartarugas Ninja...) e multitude de actividades e obradoiros para os máis cativos.

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

Comezan as obras de recuperación e estudo do anaco de muralla medieval descuberto na rúa de Entremuros

24/11/2008

A Concellaría da Cidade Histórica e Rehabilitación vai impulsar un proxecto de recuperación de todo o perímetro da antiga muralla medieval de Santiago. Isto inclúe a integración no viario público dos tramos que se conserven do muro defensivo, así como realizar unha completa posta en valor do seu valor histórico. A priori, dos restos que restan da muralla, o que mellor se conserva é o lenzo que conforma parte da fachada do inmoble número 18 da rúa de Entremuros.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago, candidato ao programa europeo Life +

24/11/2008

A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou a candidatura do Concello de Santiago ao programa Life +. Este programa funciona como un instrumento de apoio aos proxectos de conservación ambiental e da natureza, tanto nos países da UE como en países candidatos ou veciños. Desde 1992 Life ten cofinanciado máis de 2.750 proxectos.

Ler máis

CULTURA

A Banda de Música colabora en Cineuropa coa interpretación da suite "Contos de Alentaría", de Eugenio Pazos Pintor

24/11/2008

A Banda de Música de Santiago de Compostela colabora co Festival Cineuropa. O martes 25 de novembro, ás 20:00 horas no Teatro Principal, a agrupación musical interpretará a suite Contos de Alentraia, composta por Eugenio Pazos Pintor. A sesión será amenizada, ademais, polo VJ The Chemical Orange, que introducirá distintos motivos visuais ao ritmo da suite. Ao remate da sesión proxectaranse dúas curtametraxes galegas dirixidas por Xosé Carlos Soler que teñen como banda sonora os Contos de Alentraia:...

Ler máis
Compartir: