CONSORCIO

Sar, Sarela e os monstros de Compostela

20/11/2008

O Consorcio de Santiago pon en marcha unha nova serie dentro da súa colección infantil en colaboración coa editorial Kalandraka. Unha oportunidade para descubrir o centro histórico de Santiago aos lectores máis cativos.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello traza a súa estratexia global para promover cotas sostibles de benestar social entre os composteláns

20/11/2008

A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou o I Plan Municipal de Servizos Sociais, que abranguerá o período 2009-2013. Este documento define unha "estratexia global, dende a que promover cotas sostibles de benestar social, paro o conxunto da sociedade compostelá, para dar unha resposta de carácter integral -ao tempo que flexible e adaptada- á complexidade crecente das demandas sociais". Para 2009, o orzamento municipal para estes programas sociais será duns 800.00 euros.

Ler máis

XUVENTUDE

O Ciclo Importa trae a Gogol Bordello a Santiago

20/11/2008

O xoves 11 de decembro actuará na Sala Capitol o grupo de gypsy punk Gogol Bordello, nun dos únicos tres concertos que darán en España. Trátase do segundo concerto do recentemente aberto Ciclo Importa, impulsado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa promotora SwetNocturna. Os belgas dEUS abriron este programa cunha exitosa actuación o 23 de outubro.

Ler máis

EMPREGO

Trinta persoas acceden ao mercado laboral en só dous meses a través do Proxecto Crear V

20/11/2008

Trinta persoas, das 75 que participan no Proxecto Crear V, accederon ao mercado laboral dende que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego empezou a desenvolver o programa, o día 15 de setembro. Esta cifra representa o 40% do total, e é cinco puntos superior aos obxectivos de inserción fixados pola Xunta de Galicia ao remate do programa, que son de 26 participantes, o 35% do total. Está previsto que o programa remate o 31 de outubro do 2009.

Ler máis
Compartir: