TURISMO

Talleres gastronómicos para nenos e catas de viños e produtos galegos con "Santiago Repetirás"

13/11/2008

O sábado 15 arrinca o programa gastronómico Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago, con talleres gastronómicos para nenos e unha cata de viños da D.O. Rías Baixas maridados con produtos galegos. As actividades desenvolveranse no Hostal dos Reis Católicos, en horario de mañá e tarde. O obxectivo deste programa é converter a enogastronomía galega nun dos atractivos da cidade.

Ler máis

DEPORTES

Andrés Fariña: "O deporte é unha gran escola de formación humana"

13/11/2008

A Fundación Compostela Deporte acolleu a presentación dos Premios Deporte e Vida, enmarcados dentro do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI), que contan cunha dotación orzamentaria de 30.000 euros. Esta iniciativa está destinada a todos os clubs federados que desenvolvan a súa actividade deportiva no Concello de Santiago e na súa comarca. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 22 de decembro.

Ler máis
Compartir: