TURISMO
Turismo continúa o diálogo cos operadores aéreos nacionais
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou a celebración en breve de varias entrevistas cos responsables de Iberia, Spanair e Air Europa. O obxectivo das xuntanzas é coñecer os plans desas compañías para o aeroporto de Lavacolla e transmitirlles datos sobre a capacidade de crecemento do aeródromo local en materia de conexións estatais directas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
María Debén e Xosé Manuel Iglesias asinan as bases de selección de persoal do Obradoiro Compostela Natural
A Delegada da Consellería de Traballo na provincia de A Coruña, María Debén, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asinaron na cidade herculina as bases para a constitución da Comisión Mixta de selección de persoal e selección de alumnos do Obradoiro de Emprego Compostela Natural. Esta comisión estará formada por dous membros do persoal do Concello de Santiago e dous membros do persoal da Consellería de Traballo.
CONSORCIO
O Consorcio habilita case cinco millóns de euros para a reforma do edificio do Banco de España e a construción do Museo de Historia Natural
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aprobou unha modificación de crédito pola que se habilitan 4.300.000 euros, que se engaden aos 660.000 xa previstos anteriormente, para a reforma do edificio do antigo Banco de España e a construción do Museo de Historia Natural (Finca Vista Alegre).