MEDIO AMBIENTE

'Verán en Belvís' achega a veciñanza ás zonas verdes de Compostela con obradoiros e roteiros para todas as idades

02/07/2024

Durantes os meses de verán, o Concello de Santiago ofrece unha serie de actividades de sensibilización ambiental co obxectivo de concienciar a cidadanía no respecto ás zonas verdes e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. As actividades, dirixidas a todas as idades, desenvolveranse no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela), localizado no parque de Belvís.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Rematadas as obras de mellora da funcionalidade e da accesibilidade do Mercado de Abastos

01/07/2024

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá autorizar o inicio de trámites para proceder á recepción das obras de reforma realizadas no Mercado de Abastos para mellorar a funcionalidade e a accesibilidade deste inmoble de titularidade municipal. Tamén se deu luz verde a 14 licenzas de obras urbanísticas e á adhesión do Concello de Santiago á Central de Contratación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a adquisición de forma conxunta dos servizos de Correos. De todos os asuntos...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Santiago de Compostela asume a presidencia do Grupo de Cidades Patrimonio

01/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asume a presidencia das cidades do Estado español co selo Unesco reiterando o compromiso de "ser a voz das 15 Cidades Patrimonio en cuestións relacionadas co turismo sustentable, apostando pola promoción cultural, a responsabilidade patrimonial e o recoñecemento da diversidade e da singularidade de cada cidade".

Ler máis
Compartir: