EMPREGO

Inícianse as actividades do Centro BTT da Susana

31/08/2017

O Centro BTT A Susana - Marrozos comezará as súas actividades a partir deste venres, 1 de setembro. Este centro está ubicado na antiga escola unitaria A Susana-Marrozos, logo de ser acondicionado polo alumnado do Obradoiro de Emprego Ecorural Santiago 2016-2017.

Ler máis

BENESTAR ANIMAL

O Concello sinaliza as colonias felinas e dótaas de casetas para a alimentación

31/08/2017

A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, deu a coñecer este xoves as accións que porá en marcha o Concello dentro da segunda fase do plan de xestión das colonias felinas que se iniciou o ano pasado. Trátase da sinalización destas colonias e da dotación de casetas nas que as persoas voluntarias lle poden subministrar os alimentos precisos aos gatos rueiros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto reinvéntase co seu programa paralelo máis completo: "Arredor do son"

31/08/2017

Arredor do son é un conxunto de encontros interdisciplinarios que dialogan en torno ao concepto de son como forma de expresión e vía de coñecemento, organizado con apoio de Agadic Galicia ProFilme. O edificio Obra Social Abanca, situado na praza de Cervantes, aglutinará grande parte das actividades, consolidándose como unha nova sede do festival compostelán Curtocircuíto.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

As obras de mantemento nos colexios estarán rematadas para o comezo do curso escolar

30/08/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá os CEIPs Fontiñas e Pío XII, dous dos colexios da cidade nos que se executaron obras de mantemento durante as vacacións de verán. En total, estanse a investir preto de 400.000 euros nos trece CEIPs, tres escolas unitarias e seis escolas infantís de Compostela. O edil explicou que todas as actuacións que afectan ao funcionamento dos centros estarán rematadas o 11 de setembro, día de inicio do novo curso escolar.

Ler máis

MANTEMENTO E OBRAS

O Goberno local inviste un millón de euros na mellora da rede viaria da zona rural

29/08/2017

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial deu conta hoxe do estado no que se atopan as obras que se veñen executando nas parroquias de Santiago ao longo deste verán, e que se supoñen un investimento dun millón de euros. Desa cifra, 800.000 euros corresponden a actuacións vinculadas ao POS 2016, financiado pola Deputación da Coruña, e 200.000 a actuacións menores do gran contrato de mantemento. Rafael Peña explicou que este investimento "está permitindo acondicionar máis de 25...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

O Concello facilitará aloxamento á familia afectada pola inundación na rúa do Olvido ata que poida volver á súa casa

29/08/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia fixo balance das incidencias rexistradas na cidade durante o episodio treboento de onte, que cualificou de "absolutamente inusual en Compostela". Xan Duro explicou que os problemas máis graves detectáronse no Polígono do Tambre e nunha vivenda da rúa do Olvido, mentres que os considerados "puntos negros" da cidade en caso de fortes chuvias "soportaron bastante ben o temporal".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde asistiu á manifestación polos atentados de Cataluña

26/08/2017

O alcalde participou en Barcelona na manifestación contra o terrorismo convocada en repulsa polos atentados da semana pasada na capital catalá e en Cambrils. Martiño Noriega asinou no libro de condolencias no consistorio barcelonés e tomou parte na marcha que partiu da Diagonal para rematar na praza de Cataluña.

Ler máis
Compartir: