MERCADOS
A Feira Medieval do 2012 afondará na historia de Santiago e chegará a máis partes da cidade
A concelleira de Mercados, Reyes Leis, fixo balance da Feira Medieval celebrada do 30 de setembro ao 2 de outubro. Cualificouna de "éxito total", tanto pola afluencia de público como pola satisfacción expresada por veciños, comerciantes e hostaleiros. Esta foi unha Feira de transición cara unha edición de 2012 totalmente renovada e na que xa se está a traballar.
INFRAESTRUTURAS
A Escola Infantil de Salgueiriños contará cunha área de estacionamento
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, realizou unha visita á escola infantil de Salgueiriños, actuación incluída no Urbana Santiago Norte, iniciativa financiada con fondos FEDER. Unha vez resoltas algunhas deficiencias atopadas no proxecto, que obrigaron a prorrogar as obras, o seguinte obxectivo do Goberno municipal é poñer en marcha a escola e construír unha área de estacionamento inicialmente non prevista.
DEPORTES
Presentada a XXXIV Carreira Pedestre
A Carreira Pedestre chega neste 2011 á súa 34ª edición. A proba foi presentada en rolda de prensa na sede de El Correo Gallego, organizador da mesma. Alí estivo o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
CONSORCIO
Reale Seguros únese como patrocinadora ao 800 aniversario da Catedral
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o director xeral de Recursos e Medios de Reale, José Ramón López Fernández, asinaron o acordo polo cal a compañía será unha das patrocinadoras do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello acomete as obras de reparacións e mantemento nas rúas do Campus Vida
A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria un orzamento de 20.000 euros para gastos de mantemento e reparación nas rúas do Campus Vida. Tamén se deu o visto bo a dúas partidas, que suman 39.375 euros, para traballos de mantemento nos centros escolares.
ALCALDÍA
O alcalde clausurou a entrega de condecoracións da Policía
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ao acto de entrega de condecoracións da Policía con motivo da Festividade dos Santos Anxos Custodios.
TURISMO
O vídeo promocional da Santiago Film Commission, premiado en Portugal
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, recolleu en Barcelos (Portugal) o premio ao mellor vídeo promocional na categoría de "Experiencias memorables", que o xurado do Festival Internacional de Cine e Turismo Art&Tur acordou outorgar á Santiago de Compostela Film Comission (SCFC) por Un camiño de estrelas, unha cidade de cine. O Art&Tur celebrouse entre o 27 e o 30 de setembro nesta localidade lusa, onde se reuniron os principais profesionais do sector.
ALCALDÍA
O alcalde e o arcebispo compostelán ratifican a vontade de colaboración
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co arcebispo de Santiago, Julián Barrio, na sede do Arcebispado.
CULTURA
+Curtocircuíto ofrece o palmarés do festival deste ano no Auditorio de Galicia
O martes 4 de outubro haberá unha nova sesión de +Curtocircuíto, programación que completa a VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, organizado pola Concellería de Cultura. Será o Auditorio de Galicia o que acollerá ás 20:30 horas o palmarés de Curtocircuíto 2011, as curtas gañadoras das distintas categorías da Semana Oficial do Festival, e que o martes anterior foran proxectadas no Centro Sociocultural de Vite: El somriure...
ALCALDÍA
Recepción á promoción de Dereito 1966-1971
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a promoción de licenciados da Facultade de Dereito 1966-1971.