MEDIO AMBIENTE

Comeza o proceso para transferir a Tropa Verde a outras cidades europeas

13/06/2018

Esta mañá celebrouse en Budapest a primeira reunión da Rede de Transferencia do programa europeo Urbact que lidera o Concello de Santiago, a través do programa Tropa Verde. Ao longo dos seis próximos meses, a rede tratará de captar novas cidades participantes, que se sumen a Budapest, o distrito 14 de Zuglo (Hungría), a Aglomeración de Opole (Polonia), Metrópoli Nice Costa Azul (Francia), Pavlos-Melas (Grecia) e Guimaraes (Portugal).

Ler máis

FACENDA

Comeza o prazo para presentar propostas aos Orzamentos Participativos

12/06/2018

Xa está aberto o prazo para presentar propostas para o proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide 2019. Dende onte, 11 de xuño, e ata o 6 de xullo calquera persoa maior de 16 anos pode facer as súas propostas de investimentos e de actividades, destinadas ao conxunto de Compostela, ao seu barrio ou parroquia, a actividades para a mocidade ou ás festas do Apóstolo do ano que vén.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Compostela e Santiso xúntanse para celebrar o Día Europeo da Música

12/06/2018

A Escola Municipal de Música de Santiago e a Banda de Música de Visantoña van celebrar conxuntamente en Compostela o Día Europeo da Música, cun programa impulsado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. A celebración será o próximo sábado e encherá de música as prazas das Praterías e do Toural.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello ponse a disposición da FEMP para colaborar na acollida ás persoas que viaxan no buque Aquarius

12/06/2018

O Concello de Santiago vén de comunicarlle á Federación Española de Municipios e Provincias o seu interese en participar na acollida ás persoas que viaxan a bordo do buque Aquarius. O Goberno local remitiralle nas próximas horas á FEMP un informe sobre as medidas habitacionais e non habitacionais coas que Compostela pode colaborar nese dispositivo.

Ler máis

LINGUA

Case 300 imaxes participaron na terceira edición de Fotolingua

11/06/2018

O concurso Fotolingua vén de pechar a súa terceira edición, coa presentación de case 300 imaxes únicas de establecementos de Santiago que utilizan o galego nas súas comunicacións. Na pasada convocatoria, rexistráranse un total de 98 fotografías, algunhas delas publicadas por duplicado nas dúas redes sociais utilizadas no certame, Facebook e Instagram.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Volta e Dálle representa "Dura Lex" en Fontiñas

11/06/2018

O mércores 13 de xuño, ás 20:00 horas, a compañía Volta de Dálle representará a obra Dura Lex no Centro Cívico das Fontiñas. Despois da representación haberá un coloquio co público sobre a liberdade de expresión e a "Lei Mordaza" no que participará o colectivo EsCULcA (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades).

Ler máis

IGUALDADE E MEDIO RURAL

Un encontro no Centro Cívico de Laraño pecha os Obradoiros de empoderamento no rural

11/06/2018

Os Obradoiros de empoderamento do rural botan o peche cun gran encontro no Centro Cívico de Laraño, que permitirá que ás mulleres que participaron na actividade nas distintas parroquias de Compostela poñan en común as súas experiencias. A xuntanza será o mércores, 13 de xuño, a partir das 17:00 horas. O obxectivo é fomentar a creación dun espazo de convivencia entre as mulleres das parroquias e impulsar o asociacionismo neste ámbito. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o edil de Medio Rural,...

Ler máis
Compartir: