EDUCACIÓN E XUVENTUDE
"Santiago, cidade ilustrada" amosa o papel da cidade nas historietas ao longo dos anos
As concellerías de Educación e de Xuventude, El Patito Editorial e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester poñen en marcha Santiago, cidade ilustrada, un proxecto pedagóxico sobre a proxección de Santiago no cómic e na ilustración actual. O programa de visitas didácticas a esta mostra levarase a cabo ata o 30 de maio.
EDUCACIÓN
A X Campaña de Animación á Lectura chegará a máis de 5.000 escolares
Por décimo ano consecutivo púxose en marcha a Campaña Municipal de Animación á Lectura, promovida pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora. A programación transcorrerá ata o 22 de maio na Galería Sargadelos, nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque e Polígono do Tambre, e tamén no IES de Sar.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo da Xunta de Goberno ao proxecto do aparcadoiro en Santa Marta
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de acondicionamento de parcelas para aparcadoiro en Santa Marta. O custo é de 239.852 euros máis IVE. O Concello xa tiña adscrito á Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) a superficie, xa que será esta a que execute o proxecto.
CULTURA
Cultura colabora co novo programa "Os nosos poetas a través da música"
A Concellería de Cultura e Centros Socioculturais, colabora no programa Os noso poetas a través da música, que organiza a Asociación Cultural-Musical Solfa. Este programa, que comprende unha conferencia o mércores 14 e un concerto o venres 16 no Teatro Principal, buscar dar a coñecer os poetas galegos a través da música e poñer en valor o patrimonio do que somos donos.
ALCALDÍA
As cámaras de comercio de Córdoba e Santiago analizan posibles colaboracións
A delegación do Concello de Santiago encabezada polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que se atopa en Córdoba, mantivo unha xuntanza coa directiva da Cámara de Comercio de Córdoba, presidida por María Dolores Jiménez. Tras explicar polo miúdo o programa Santiago-UNE, os participantes no encontro intercambiaron criterios sobre os aspectos turísticos, comerciais e industriais de ámbalas dúas cidades, así como sobre as posibilidades de relación entre ambos concellos e cámaras de comercio.
MEDIO AMBIENTE
O parque de Galeras será o primeiro de Compostela en contar cunha zona cuberta para uso sociocultural
"Un espazo sociocultural polivalente". Así definiu a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, a cuberta que o Concello vai instalar no parque de Galeras. A edil presentou o proxecto aos medios de comunicación acompañada de Cristina Ouzande e Cristina Ezcurra, as dúas arquitectas encargadas de elaborar o proxecto.
BENESTAR SOCIAL
O Programa de Educación Familiar ofrece sete novas propostas para promover o benestar e a calidade de vida das familias
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou as novas propostas para este ano 2010 do Programa de Educación Familiar, que desenvolve a Unidade de Atención ás Familias (UAF). Estas novas iniciativas serán presentadas publicamente o vindeiro mércores 14 de abril, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
ALCALDÍA
Santiago e Córdoba confirman o seu irmandamento
Os alcaldes de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e de Córdoba, Andrés Ocaña Rabadán, confirmaron o irmandamento das dúas cidades Patrimonio da Humanidade, subscrito no protocolo de 2004 en Compostela. No mesmo acto, os dous mandatarios realizaron unha declaración de cooperación entre as dúas cidades atendendo ás afinidades que as unen. A primeira mostra desta colaboración foi a sinatura dun documento polo que o Concello de Santiago apoia a candidatura de Córdoba para ser Cidade Europea da Cultura do...
EDUCACIÓN
O Certame de Teatro Intercentros ofrecerá 17 representacións do 19 ao 23 de abril
Unha cita xa clásica no calendario educativo do curso é o Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, que en 2010 chega á súa edición número quince. Nesta ocasión serán 14 centros escolares de Santiago e comarca os que realicen ata 17 representacións os días 19, 20, 21, 22 e 23 de abril. A obra gañadora representarase no Teatro Principal o 12 de maio, ás 20:00 horas.
ALCALDÍA
Inaugurada a remodelación do local sociocultural de Lamascal (Fecha)
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o remodelado Local Sociocultural de Lamascal (San Xoán de Fecha).