ALCALDÍA
Agustín Hernandez, nomeado Cabaleiro da Orde do Pemento de Padrón
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, foi nomeado Cabaleiro da Orde do Pemento de Herbón, no transcurso dos actos de exaltación deste produto celebrados nesta parroquia. Previamente foi recibido pola Corporación de Padrón na Casa Consistorial.
PATRIMONIO
A UNESCO declara o "Valor Universal Excepcional" da Cidade Vella de Santiago
O Comité de Patrimonio Mundial, órgano pertencente a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO),vén de realizar a declaración retrospectiva de Valor Universal Excepcional da Cidade Vella de Santiago. Así se acordou na última reunión do devandito Comité celebrada en Doha (Qatar), tal como lle comunicou ao Concello o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O Camiño de Santiago tamén recibiu este recoñecemento.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O CIAC organiza un obradoiro de cosmética natural e un roteiro polas Brañas de Sar
Este mes de agosto, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) organiza un obradoiro de cosmética natural, unha xornada de iniciación á observación ao ceo do verán e un roteiro polas Brañas de Sar. Ademais, como cada mes, o centro seguirá facilitando as súas instalacións para actividades doutras entidades.
FESTAS E TURISMO
Máis de 60.000 persoas participaron nos eventos dunhas Festas do Apóstolo exitosas no turístico e cun 10% máis de peregrinos
O variado e amplo calendario de actividades das Festas do Apóstolo deixa un balance de máis de 60.000 asistentes. O programa e a animación destas 14 xornadas traduciuse tamén nunha alta ocupación turística, á que se engadiu a chegada dun 10% máis de peregrinos que en xullo de 2014. Así o confirmaron en rolda de prensa as concelleiras de Festas, María Antón, e de Turismo, Reyes Leis.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello de Santiago achega 130.000 euros a 15 entidades sociais da cidade
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asinou esta mañá a Casa do Concello os convenios de colaboración coas seguintes entidades ASPAS, Itínera, Don Bosco, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Aspanaes e AGAL. Estes acordos súmanse aos asinados na xornada do xoves con AGADEA, Fonte da Virxe, Fundación Andrea, San Vicente de Paúl, Secretariado Xitano, Sarela, Cruz Vermella, Banco de Alimentos e FEAFES. Estas 15 entidades recibirán un total de 130.400 euros.
ALCALDÍA
O convenio de mellora da EDAR da Silvouta firmarase de inmediato para comezar as obras este mesmo ano
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, vén de anunciar hoxe en Madrid que o convenio a subscribir pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, o Concello de Santiago e a Sociedade Estatal Augas das Concas de España para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR da Silvouta se firmará de inmediato, o que permitirá comezalas este ano.
CULTURA
"Polos pelos", circo con Dani Blanco no programa Verán na Rúa
O ciclo Verán na Rúa continua a próxima semana nas rúas de Compostela. O luns 4 de agosto, ás 19:30 horas, Pistacastro, da man de Dani Blanco, representa Polos pelos na praza de San Martiño Pinario. Entrada libre.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións e de Santiago exhibe a primeira exposición antolóxica do debuxante galego Miguelanxo Prado
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías. Trátase dunha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia. Á presentación asistiron, ademais do propio artista, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; a concelleira de Cultura, María Antón; e o comisario da mostra, Fausto Isorna.