CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais exhiben seis das mostras do XXXV Outono Fotográfico

16/11/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou o XXXV Outono Fotográfico, que ofrece seis exposicións noutros tantos centros socioculturais de Compostela ao longo deste mes de novembro. Na rolda estivo acompañado do director da mostra, Xosé Lois Vázquez.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Costa-Gavras chega a Compostela para recibir o Premio Cineuropa

16/11/2017

O ollar subversivo e disidente de Konstantinos Costa-Gavras fixo del un dos realizadores europeos máis respectados e un autor fundamental no achegamento fílmico á realidade político-social do século XX. Cineuropa distingue en 2017 a traxectoria deste director fondamente comprometido co espírito combativo e crítico do cinema, que hoxe preside a Cinemateca Francesa. Costa Gavras chega mañá venres a Compostela e será recibido ás 12:30 horas polo alcalde, Martiño Noriega, na Casa do Concello.

Ler máis

PLENO

O Pleno da Corporación estrea novo regulamento

16/11/2017

Esta tarde celebrouse o Pleno ordinario do mes de novembro, o primeiro no que se aplica o novo regulamento aprobado por unanimidade da Corporación. A súa redacción substitúe á que entrara en vigor en 2007, e foi o resultado do traballo dunha comisión na que estiveron representados os catro grupos políticos municipais.

Ler máis

SANIDADE

A Rede Galega de Defensa da Saúde Pública presenta o informe "Cinco anos de discriminación sanitaria en Galicia"

16/11/2017

A Rede Galega de Defensa da Saúde Pública, conformada polo Foro Galego de Inmigración, Médicos do Mundo, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e a Asociación Galega de Medicina Familiar, presentou o informe Cinco anos de discriminación sanitaria en Galicia. Na rolda de prensa, celebrada no Concello, interviñeron Miguel Fernández (FGI), Enriqueta Lois (AI), Jesús Sueiro (Agamfec), Manuel Martín (SOS Sanidade) e Inés Fernández de Córdoba(MdM).

Ler máis

PLENO

O Concello aproba unha declaración institucional "por unha sociedade sen violencias machistas"

16/11/2017

O Pleno da Corporación Municipal aprobou esta tarde unha declaración institucional na que o Concello de Santiago se compromete a "seguir tendo a violencia de xénero como unha das máximas prioridades na axenda política, a seguir incrementando os recursos municipais destinados a estas políticas e a continuar desenvolvendo medidas de concienciación do conxunto da veciñanza e de prevención e educación para a igualdade entre as persoas máis novas".

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora

15/11/2017

O próximo 28 de novembro celebrarase o II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo no edificio municipal Cersia Empresa. O obxectivo do Concello de Santiago con este encontro é dar a coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, dando visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de Economía Social en Santiago de Compostela, realizado o ano pasado.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Hong Sang-soo, Haneke e Claire Denis, figuras destacadas deste xoves no festival Cineuropa

15/11/2017

Logo dunha semana de proxeccións nas que máis de 8.000 persoas pasaron polas distintas sedes de Cineuropa 31, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá o xoves pola noite unha das estreas máis agardadas do festival. Trátase de La caméra de Claire, do director e guionista de Corea do Sur Hong Sang-soo . Será ás 23:30 horas cando se proxecte esta sinxela historia de complicidade entre mulleres que o cineasta filmou durante o festival de Cannes de 2016, e que está protagonizada por Kim Min-hee e...

Ler máis
Compartir: