ECONOMÍA
Nace "Santiago Investors Support"
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou Santiago Investors Support, un programa prensado para paliar no posible e dende os recursos limitados do Concello os efectos da crise económica na cidade, a través do potenciamento do sector empresarial. A iniciativa ten como primeira acción un Plan de Formación Continua composto por dez cursos gratuítos. A edil estivo acompañada pola técnica municipal responsable de promoción económica, Carme Casado.
ALCALDÍA
O alcalde valora o impacto do centro comercial das Cancelas para a xeración de emprego e de visitantes
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os directivos de Realia, Carrefour e Property fixeron un percorrido polas instalacións do centro comercial. Os promotores prevén que o complexo abra as súas portas no último trimestre de 2012 e estímase que atraerá 130 millóns de investimento e 5.700 empregos a Santiago.
INFRAESTRUTURAS
A concelleira de Infraestruturas transmite á Xunta de Galicia as demandas veciñais respecto á variante de Aradas
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, reuniuse coa directora xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. No encontro transmitiulle as demandas veciñais respecto á variante de Aradas, en especial as relativas ás melloras na mobilidade peonil.
EDUCACIÓN
CiberCaixa de Roxos: programa educativo e lúdico para conciliar a vida familiar e laboral
O CEIP de Roxos-Villestro acolle a primeira CiberCaixa. Quedamos ao saír de clase, unha iniciativa de acollida para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que ofrece un contorno educativo non formal en horario extraescolar e en períodos de vacacións. Este proxecto, nacido da colaboración da Concellería de Educación coa Fundación "la Caixa", pretende axudar ás familias a conciliar a vida familiar e laboral.
EDUCACIÓN
O Concello colabora co Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro
O Concello de Santiago financia con 7.760 euros parte do custo das taxas do Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro. Esta ensinanza vénse impartindo dende 1989 e dela benefícianse 50 alumnos cada curso en Compostela.
ALCALDÍA
Unha comisión avanzará na unión de esforzos entre Santiago e Ames
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o de Ames, Santiago Amor, mantiveron unha reunión en Raxoi. Na mesma acordaron a creación dunha comisión, composta por dous concelleiros de cada Corporación, que comezará de inmediato a traballar para mancomunar esforzos entre ambos municipios.
XUNTA DE GOBERNO
Convenio coa Xefatura de Tráfico para facilitar que os novos empadroados paguen o imposto de vehículos en Santiago
A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria un convenio entre o Concello e a Xefatura Provincial de Tráfico para facilitar o correcto pago do imposto de vehículos dos novos empadroados. Ademais, adxudicouse a obra de mellora da mobilidade no entorno da nova escola infantil de Salgueiriños.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o presidente do departamento francés de Seine-Maritime
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi o presidente do departamento francés de Seine-Maritime, Didier Marie. Ás 20.00 h, recepción da Corporación.
CULTURA
O director da Banda municipal de Santiago dirixirá un concerto en Albacete
O director da Banda Municipal de Música de Santiago, Xosé Carlos Seráns dirixirá a Banda Sinfónica Municipal de Albacete o domingo 6 de novembro de 2011, cun programa de música galega composto por obras do lugués Gustavo Freire, Luís Brage, compositor compostelán, e do propio Seráns.
EDUCACIÓN
A Alameda acolle unha exposición sobre a cultura rural e o desenvolvemento sostible
Do 4 de novembro ao 2 de decembro de 2011 pode verse na Alameda de Santiago a exposición Atalantar: da cultura rural ao desenvolvemento sostible, organizada por Lunwerg Editores, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural, Medio Mariño e o Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación. O acto de inauguración estivo presidido polo concelleiro Ángel Currás e por Joaquim Corbera, da Editorial Lunwerg, e nel participaron escolares do CEIP López Ferreiro, IES Rosalía de Castro e do centro...