ACCIÓN CULTURAL

O Teatro Principal acolle este sábado a estrea da ópera "Il segreto di Susanna"

15/12/2017

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) estrea mañá sábado, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, a súa segunda produción operística: Il segreto di Susanna (O segredo de Susana). A produción reunirá en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e ao barítono Javier Franco. O Concello de Santiago colabora nesta peza, que conta tamén co patrocinio da...

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o peregrino 300.000

14/12/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrew Larkin, un mozo estadounidense, que se converteu no peregrino 300.000 de 2017, cifra que supón un récord histórico para o Camiño. No acto tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.

Ler máis

TURISMO E ACCIÓN CULTURAL

Arranca a sexta edición do Mercado da Estrela

14/12/2017

O Mercado da Estrela arranca mañá venres e permanecerá aberto ata o domingo 17. O evento, polo que en 2016 pasaron 10.000 persoas, chega a esta sexta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recolle as demandas da Asociación Empresarial do Tambre

14/12/2017

O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación Empresarial do Polígono do Tambre, para recoller as demandas da principal área industrial da cidade. Xunto con Martiño Noriega, na reunión participaron o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

Ler máis
Compartir: