TURISMO
Santiago promociónase en Pisa
O alcalde de Pisa, Marco Filispeschi, recibiu ás concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Rehabilitación e Cidade Histórica, maría Pardo, que asisten ao Congreso Cattedrali europee. Conservazione programmata, no que diferentes expertos internacionais debaterán acerca dos procesos de rehabilitación nas catedrais europeas.
FESTAS
O Principal acolle catro representacións da exitosa comedia "Ni contigo... ni sin ti"
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou as catro representacións da obra de teatro Ni contigo... ni sin ti, outra das propostas destas Festas da Ascensión. Acompañouno un dos actores, Jesús Cisneros, quen convidou o público a gozar desta comedia.
FESTAS
Santiago celebrou o Día das Letras Galegas e a xornada grande da Ascensión
O Concello de Santiago uniuse á celebración do Día das Letras Galegas coa celebración dun concerto especial da Banda Municipal, acompañada da lectura de poemas do homenaxeado nesta edición, Valentín Paz Andrade. O Goberno municipal participou neste acto, trasladándose logo á Alameda para seguir vivindo a xornada grande das festas da Ascensión.
FESTAS
A Feira Cabalar da Ascensión programa un espectáculo de doma de alta escola en homenaxe a Rosalía de Castro
O xoves 17 de maio, festividade da Ascensión, celebrarase a tradicional Feira Cabalar no Mercado Nacional de Gando de Santiago de Compostela, en Amio. O programa inclúe a exhibición de doma con cabalos de pura raza galega a cargo da sección de doma da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
RECOLLIDA DE LIXO
O Concello colocará 29 colectores para a recollida de roupa e calzado
Respondendo á demanda cidadá e á vista de exemplos analizados noutras cidades, o Concello vai proceder a licitar a colocación de 29 colectores para a recollida de roupa, calzado e outros residuos téxtiles. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente.
DEPORTES
O CD Conxo fomentará a conciliación familiar e laboral no seu campus de verán
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Verán do Club Deportivo Conxo, que se celebrará do 25 de xuño ao 31 de xullo. Esta iniciativa, coa que colabora o Concello, ten coma finalidade potenciar, mediante actividades lúdicas e deportivas, un hábito de vida saudable entre os máis cativos.
COMERCIO
O comercio compostelán celebra o 18 de maio a primeira Noite Aberta de Primavera
A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión.
EDUCACIÓN
A Campaña de Animación á Lectura uniuse á celebración das Letras Galegas
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez Iglesias participou na Galería Sargadelos nas diferentes actividade e obradoiros previstos para a xornada na XII Campaña de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e a editorial Kalandraka. Con motivo da celebración das Letras Galegas, reforzáronse as actividades para dar acollida a un maior número de asistentes.
URBANISMO
O alcalde presenta aos empresarios do Tambre dous proxectos de mellora dos sistemas de seguridade e contra incendios
O alcalde compostelan, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuníronse co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na sede da entidade. O obxectivo do encontro era informar aos empresarios do Tambre sobre as subvencións que o Concello solicitou á Xunta de Galicia para acometer dous proxectos de mellora das infraestruturas desta superficie industrial, cun investimento previsto de 231.552 euros.
DEPORTES
Autobuses lanzadeira dende Ramón Piñeiro para asistir ao I Freestyle de Santiago
Os pilotos participantes no I Freestyle de Santiago de Compostela visitaron o Pub A Quintana, entregaron ao seu xerente, Félix García Insua, un casco firmado por todos os participantes e doado por Motos Dagan off Road. Na xornada do xoves, día da Ascensión, agárdalles unha reñida competición, onde todos os pilotos se medirán co campión do mundo Dani Torres.