ALCALDÍA
O alcalde fala sobre o futuro da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo ofreceu unha conferencia no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Santiago de Compostela.
EDUCACIÓN
Teatro para sensibilizar sobre o tráfico de nenos e nenas
O libriño non me levou ao país das marabillas é o título dunha obra de teatro coa que se pretende denunciar o tráfico de nenos e nenas. Forma parte da campaña de sensibilización "Stop ao tráfico de nenos", promovida pola ONG Terra de Homes e na que colabora o Concello.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello adxudica a xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas por 335.780 euros
A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente a xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Entre outros acordos, aprobáronse tamén as bases do Programa Persoa VI e a relación de proxectos de competencia municipal que se van acoller ao fondo do plan de investimentos do Estado.
ALCALDÍA
O alcalde presenta en Madrid unha novidosa proposta para converter o Hórreo nun bulevar con mirador
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa secretaria de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Josefina Cruz. No encontro fixeron seguimento ao convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Fomento e ratificouse a previsión da inmediata adxudicación das obras do terceiro carril da AP-9.
COMERCIO
Un catálogo de promoción comercial recolle corenta e catro ideas para regalar no Nadal
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco. Trátase dunha publicación deseñada e editada dun xeito funcional e elegante ao mesmo tempo, seguindo criterios de calidade. Contén os 44 produtos seleccionados no concurso.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica amosa os seus recursos e programas nunha nova publicación
A Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo editou unha memoria-revista. A publicación, bianual, ten unha tirada de 30.000 exemplares, que na meirande parte se distribuíran en encartes con El Correo Gallego (16 de decembro) e con La Voz de Galicia (17 de decembro).
ALCALDÍA
O alcalde fala do futuro de Compostela
Na tarde de mañá mércores 17, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, pronunciará unha conferencia baixo o lema "O futuro de Compostela" organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Santiago. O acto terá lugar na sede do colexio (rúa Ramón Piñeiro, nº 5) ás 20:30 horas.
INVESTIMENTO PÚBLICO
Varias obras de urbanización acapararán a maior parte do fondo estatal de investimento local
A tenenta de alcalde, Elvira Cienfuegos, e a voceira socialista, Marta Álvarez-Santullano, presentaron a lista provisional das obras nas que o Concello de Santiago investirá os 16.585.924 euros que lle corresponden do fondo extraordinario de investimento público local habilitado polo Goberno central. A maior parte do investimento destinarase a obras de urbanización.
ALCALDÍA
Un novo Nobel no Libro de Honra do Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a Gerardus 't Hooft, premio Nobel de Física en 1999. O científico está en Santiago para participar no programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a USC. Durante a visita, asinou no Libro de Honra da Cidade.
ALCALDÍA
Tres cidades irmandadas con Santiago dan nome a tres novas rúas
A proposta do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a Xunta de Goberno Local do martes 16 de decembro aprobará o nomeamento de tres rúas da cidade, ubicadas no SUNP-31 de San Marcos.