EMPREGO
Cento trinta técnicos e profesionais asisten en Compostela ás Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral
O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, acolle as Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral, ás que asisten 130 persoas, entre poñentes, técnicos e profesionais relacionados coa promoción do emprego e a inclusión social chegados de distintas partes do España. Organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego e pola Asociación Plataforma polo Emprego, teñen como obxectivo promover un lugar de encontro para todas aquelas persoas que dende o mundo da...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Santiago soportou francamente ben unhas condicións climatolóxicas moi adversas"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo referiuse na súa rolda de prensa semanal á incidencia na cidade do temporal do pasado fin de semana. Á marxe dalgún problema puntual, dixo, "Santiago soportou francamente ben unhas condición climatolóxicas moi adversas".
FESTAS
O Nadal comeza en Compostela co acendido das luces no Obradoiro e a inauguración do Belén de Umbria
O Nadal chegou ás rúas da cidade cando o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Belén da praza do Obradoiro, chegado dende a rexión italiana de Umbria, e se acenderon as luces da praza máis emblemática de Santiago. Con este acto, ao que asistiu unha comitiva procedente da Rexión de Umbria, deu comezo o Nadal nas rúas de Santiago.
TURISMO
Os mellores cociñeiros do mundo estarán no Fórum Gastronómico Santiago 2010
Santiago de Compostela acollerá un auténtico despregamento de profesionais do mundo da enogastronomía en febreiro. As mellores figuras internacionais, españolas e galegas mostrarán a súa arte culinaria no Fórum Santiago 2010.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A tenda Pecados, Localia Televisión e a Libraría Pedreira, galardoados na décima edición dos Premios Manuel Beiras
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio entregaron, no Hotel Araguaney, os galardóns da décima edición dos Premios Manuel Beiras. Nesta ocasión os premiados foron a tenda de lambetadas Pecados, Localia Televisión e a Libraría Pedreira.
EDUCACIÓN
Máis de 500 escolares asistirán ás representacións de "Cachai" no Teatro Principal
A Concellería de Educación e a Aula Aberta de Filosofía organizan res representacións da obra Cachai, a cargo da Compañía Microscopio Perdicións. A primeira das sesións terá lugar no Teatro Principal o vindeiro domingo, 13 de decembro, ás 20:00 horas, e está destinada ao profesorado de filosofía e ao público en xeral. A segunda e terceira, para alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º e 1º de Bacharelato, celebrarase o luns 14, ás 9:00 e ás 12:00 horas, no mesmo...
ALCALDÍA
Os pequenos ilustradores do Nadal de Compostela recibiron os seus premios
Como cada ano, os gañadores do Concurso de Carteis de Nadal recibiron os seus premios nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Foron os primeiros agasallos para uns rapaces e rapazas cuxa imaxinación ilustra o cartel e o programa destas festas en Compostela.
URBANISMO
As cidades galegas apostan pola rehabilitación fronte á crise
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuniuse en Raxoi cos concelleiros de Urbanismo das outras seis cidades galegas. Foi unha posta en común das preocupacións que lles afectan en cuestións como o planeamento, o urbanismo en rede ou as relacións coas administracións autonómica e estatal.
DEPORTES
A cidade recoñece a boa temporada do Club Tríatlon Bricosa
O Club Tríatlon Bricosa vén de rematar a temporada 2009, consolidándose coma un dos mellores equipos no tríatlon español. O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e parte da Corporación recibiron a directiva e os integrantes da formación compostelán.
ALCALDÍA
Uxía Pérez e Mª Ángeles Rozados gañan o XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego
O XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego tivo como gañadoras a Uxía Pérez Astray, polo seu traballo Os chapeus e a Mª Ángeles Rozados Fernández, cun traballo titulado Unha aportación ao estudo do traxe galego: Santiago e comarca no século XVII.