EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Presentado o Premio Dereitos Humanos Cineuropa

23/11/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o Premio Dereitos Humanos Cineuropa 2017. Será outorgado polo xurado novo do festival e recoñecerá aquel filme que recolla na súa metraxe os valores para a defensa dos dereitos humanos, cívicos e democráticos. Esta é unha contribución do Departamento de Educación e Cidadanía a Cineuropa e ás súas sucesivas edicións.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Escenas do Cambio programa 13 espectáculos procedentes de 5 países

23/11/2017

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresará de novo en febreiro de 2018 –entre os días 1 e 10– con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia), nunha cuarta edición na que o teatro galego continuará a ter unha presenza destacada con Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e, de novo, Voadora, que presentará neste certame a estrea en España de Garage.

Ler máis

CONSORCIO

Un libro lembra a figura do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos grandes representantes da primeira xeración de galeguistas

23/11/2017

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853), centrado na figura e na obra do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos principais representantes do Provincialismo. Este xoves, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo...

Ler máis

ALCALDÍA

A veciñanza da zona Urbana Sur está convidada este venres a un novo encontro "Ao vivo" co Goberno local

22/11/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno local manterán este venres 24 de novembro, un novo encontro "Ao vivo" coa cidadanía. Será ás 19:30 horas na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. A esta xuntanza están convidados os veciños e veciñas de Santa Marta, Conxo, Choupaña, Volta do Castro e Vidán.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Os CSC de Vite e do Ensanche acollen este xoves dous obradoiros para restaurar computadores refugados

22/11/2017

No marco da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, o colectivo Tropa Verde organiza dous obradoiros este xoves 23 de novembro. Realizaranse nos centros socioculturais de Vite, ás 17:00, e do Ensanche, ás 19:30 horas. Esta iniciativa lévase a cabo grazas a colaboración do Concello coas empresas Teimas Desenvolvemento, Revetia e Recyclia.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Andrey Zvyagintsev volve a Cineuropa con Nelyubov

22/11/2017

En 2014, o cineasta ruso Andrei Zvyagintsev acadou ducias de galardóns con Leviathan, un duro filme sobre a realidade social rusa que formou tamén parte da 28ª edición de Cineuropa. Con Nelyubov (Loveless) continúa afondando nas entrañas da clase media alta rusa a través do conflito dunha parella en proceso de divorcio que debe xuntar forzas para atopar ao seu fillo desaparecido. Na súa procura, topan cun Estado alleo aos requirimentos dos cidadáns. O Teatro Principal acolle ás 20:00 horas a...

Ler máis
Compartir: