FESTAS
Nena Daconte presenta de balde a súa proposta pop no Campus Sur
Botaron a andar as Festas da Ascensión. Na súa segunda xornada, o Día da Ascensión, vez para Feira Cabalar e para o concerto de Nena Daconte no Campus Sur.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello lanza unha campaña para dinamizar o uso do galego entre os seus traballadores
A Concellería de Normalización Lingüística vén de lanzar unha campaña de dinamización lingüística dirixida á difusión de boas prácticas lingüísticas na Administración local. Leva como título A quen lle amarga un doce? Saborea o galego!.
EMPREGO
Promoción Económica edita o segundo boletín sobre o mercado laboral de Santiago
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Boletín sobre o mercado laboral de Santiago de Compostela. 2º semestre 2008. A publicación recolle, en catro apartados e 40 páxinas, as características da poboación activa e da poboación desempregada, os perfís de contratación, a actividade empresarial, a evolución do desemprego e os sectores de actividade con máis ofertas laborais.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as listas provisionais para as escolas infantís de Conxo e Fontiñas
O Goberno local aprobou as listas provisionais de admisión e de espera para as diferentes unidades das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas.
EDUCACIÓN
"Compostela en danza" amosa as habilidades dos escolares composteláns a través de 16 coreografías
O Auditorio de Galicia acollerá o 23 de maio, ás 19:30 horas, Compostela en danza. Será unha nova oportunidade de presenciar as habilidades coreográficas das alumnas e alumnos dos centros composteláns, con obras dos máis variados estilos.
XUVENTUDE
Os alumnos do IES Rosalía de Castro asisten a unha xornada formativa sobre educación sexual e voluntariado
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, visitou o IES Rosalía de Castro para o coñecer o desenvolvemento do InformaXove’09. Trátase dunha experiencia piloto na que ao longo da mañá grupos de estudantes dese centro (ESO e Bacharelato) participan en catro sesións de traballo dirixidas por profesionais de colectivos con experiencia nestes contidos.
DEPORTES
O concelleiro de Deportes agradece a implicación de organizadores, patrocinadores e concellos na Volta Ciclista da Ascensión
O vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e o presidente do Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela, Nemesio López, presentaron os patrocinadores, maillots e trofeos da Volta Ciclista da Ascensión, que terá lugar do 21 ao 23 de maio para as categorías elite e sub-23. Tamén se deu a coñecer o portal electrónico da competición: www.voltaascension.com.
CONSORCIO
Monográfico de Haydn no Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia conmemora o segundo aniversario da morte de Haydn cun concerto monográfico do compositor vienés. Para a ocasión, a orquestra compostelá actuará baixo a batuta invitada de Juanjo Mena. O concerto celebrarase o mércores 20 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello aproba as normas para as cacharelas de 2009
A Xunta de Goberno aprobou as normas de xestión dos permisos para as cacharelas de San Xoán. Estas mesmas normas faranse extensivas á celebración de cacharelas durante o mes de xuño, sexa a noite do 23 o calquera outro día. As solicitudes deberán presentarse antes das 14.00 horas do sábado 13 de xuño.
FESTAS
Comezan as Festas da Ascensión co concerto de Los Delinqüentes no Campus Sur
As Festas da Ascensión comezan o mércores 20 de maio cun programa de máis de 70 actividades que se estenderán ata o domingo-24 de maio. Serán cinco días de festa, frenéticos, con actividades a todas as horas do días. "Son unhas festas únicas, uns días pensados para que a xente de todas as idades poida gozar e vivir a Ascensión de Compostela, as festas da cidade", explica o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.