CIDADES PATRIMONIO

Éxito da Noite do Patrimonio nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España no 30 aniversario do Grupo

18/09/2023

Miles de persoas asistiron a este evento cultural único en Europa coincidiu coa celebración do XXX Aniversario da creación do Grupo e a aprobación do manifesto que afronta os grandes retos e desafíos para as próximas décadas. A Asemblea celebrada en Ávila aprobou conceder o prestixioso Premio Patrimonio 2024 á cidade de Marrakech, "para expresar a nosa solidariedade e o noso apoio non só a unha cidade extraordinaria, senón a todo o pobo marroquí", afirmou o presidente.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello aproba a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas en Vite e na cidade histórica

18/09/2023

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á convocatoria de subvencións por máis de 750.000 euros para a rehabilitación de edificios e vivendas no barrio de Vite e na cidade histórica ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Nesta mesma sesión adxudicáronse as obras de repavimentación da praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo por 111.522 euros.

Ler máis

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos

15/09/2023

Este verán procedeuse á renovación de 15 illas soterradas de recollida selectiva de residuos de vidro, papel e envases. Ademais, incorporaranse colectores específicos en superficie para a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos (FORSU), a carón deles, para evitar os problemas de lixiviados que deterioraban o sistema hidráulico. Con esta intervención, facilítaselle o depósito de residuos á veciñanza e, ao mesmo tempo, axilízase o mecanismo de funcionamento.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E CAPITAL CULTURAL

Cornes conmemora o 150 aniversario da primeira liña ferroviaria de Galicia

15/09/2023

Os concellos de Santiago e de Vilagarcía celebraron esta mañá un acto institucional conxunto con motivo do 150 aniversario da posta en marcha da primeira liña ferroviaria galega que uniu Cornes, no barrio de Conxo, con Carril. Durante o acto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcalde de Vilagarcía, Tania García, inauguraron unha exposición sobre a historia do tren en Galicia e descubriron unha escultura dun cambio de agullas para homenaxear o mundo ferroviario.

Ler máis

XUVENTUDE

Sete grupos residentes dos locais de ensaio do Centro Xove mostrarán o seu talento no II Festival Lanzadeira CX

14/09/2023

A praza 8 de Marzo acollerá o próximo sábado o II Festival Lanzadeira CX, un concerto que tén como obxectivo darlle visibilidade ás bandas residentes dos locais municipais de ensaio do Centro Xove da Almáciga. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, presentou o cartaz, do que forman parte sete grupos "integrados por xente moi nova, de estilos diversos, e todos eles cun enorme potencial". María Rozas estivo acompañada polo docente responsable do Lanzadeira, Guillermo Vistoso.

Ler máis
Compartir: