DEPORTE

O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas

22/01/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente da Federación Galega de Loita, José Luís Olazábal, e o director técnico da Federación, Pablo Pintos, presentaron hoxe o Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas, que se celebrará o sábado 27 de xaneiro no pavillón compostelán de Santa Isabel. A cita está previsto que comece ás 10:00 e remate arredor das 14:00 horas.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Os concellos de Santiago, A Coruña e Ferrol presentan alegacións ao decreto de inclusión social da Xunta

21/01/2018

O Concello vén de presentar, en conxunto con A Coruña e Ferrol, unha serie de alegacións ao proxecto de decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social da Xunta, no que atinxe á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia, de cara a conseguir unha revisión que permita adecuar esta prestación ás necesidades das persoas destinatarias que se atopan en situación ou risco de exclusión social.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a inclusión na EDUSI do proxecto para a dotación de infraestrutura TIC para a Administración Electrónica

19/01/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe seleccionar, para a súa inclusión na EDUSI, o proxecto de infraestrutura TIC para a administración electrónica, de cara á súa tramitación ante o Ministerio de Facenda. Esta liña de traballo suporá un investimento total de 1,2 millóns de euros en cinco eixes: portal web e intranet municipal, infraestrutura de telecomunicacións, infraestrutura de servidores, postos de traballo informatizados para a administración electrónica e sistema de dixitalización certificada e...

Ler máis

CONSORCIO

O 19 de febreiro remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

19/01/2018

O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.

Ler máis

ALCALDÍA E TURISMO

O alcalde avanza en Fitur os catro grandes retos do turismo de cara ao 2022

18/01/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, avanzou en Fitur as liñas estratéxicas que está a desenvolver o Concello de Santiago en materia turística de cara aos vindeiros anos, coa mira posta no 2022 . No seu discurso explicou os motivos de elixir este ano como referencia xa que "non é que non nos preocupe o vindeiro Ano Santo 2021, pero si que nos preocupa máis 2022 dende a perspectiva de que vai pasar despois do gran ano que será o 2021, por iso a nosa proposta de Plan Estratéxico non se enfoca ao Ano Santo senón que se...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello celebra o Día da Paz cun concerto da Escola Municipal de Música

18/01/2018

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou as iniciativas relacionadas co Día da Paz e a Non-Violencia, que se celebra o vindeiro 30 de xaneiro. Entre os actos que se programarán para ese día figura o concerto da Escola Municipal de Música. O concerto será ás 19:00 horas no Auditorio da propia Escola (Finca de Vista Alegre) e será dirixido por Fernando Rey.

Ler máis
Compartir: