CIDADE HISTÓRICA
Once espazos da cidade histórica ofrecerán Internet de balde grazas á nova rede WIMAX
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, fixo pública a adxudicación da posta en marcha da rede WIMAX para o casco histórico. É o último paso para a implantación desta rede, que estará a pleno rendemento en 2009. Ofrecerá internet de balde en 11 lugares e acceso con tarifas vantaxosas no resto do casco histórico.
ALCALDÍA
Socorro García Conde e Mar Martín asumen sucesivamente a alcaldía en funcións en ausencia de Xosé A. Sánchez Bugallo
Con motivo do seu período vacacional, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, estará ausente entre os días 11 e 24 de agosto. Nestas datas, asumirán a alcaldía en funcións, respectivamente, Socorro García Conde e Mar Martín.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o proceso de nova contratación da xestión das escolas municipais de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno extraordinaria aprobou os pregos e iniciou os expedientes para contratar a xestión das escolas infantís municipais das Fontiñas e Conxo. Esta contratación realizarase por un período de catro anos prorrogables.
CULTURA
A música para manivelas de Germán Díaz redescubre para a creación artística a Porta da Música de Chillida
Germán Díaz redescubriu a Porta da Música de Chillida, no parque de Bonaval, para a investigación musical coa súa primeira intervención no Festival dos Abrazos. A Porta da Música é unha escultura de aceiro cortén de 17 toneladas de peso e 3,24 metros de alto que foi concibida polo escultor vasco como "un sincero e emotivo saúdo ao Apóstolo" que tamén quere "reflectir o mellor posible a relación existente entre a escultura, a música e a arquitectura".
TURISMO
"Salsorro" reunirá en Santiago a máis de 2.000 aficionados á salsa procedentes de 15 países
A sétima edición do Festival Internacional de Salsa Salsorro reunirá en Santiago, entre o 7 e 9 de novembro, a máis de 2.000 aficionados á salsa procedentes de quince países. O Festival, que conta coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, reunirá a unha vintena de compañías de baile procedentes de Europa e América para impartir clases e amosar os seus últimos espectáculos.
CULTURA
A percusión corporal dos Barbatuques e a danza sufí dos Derviches compartiron escenario no Festival dos Abrazos
Os Derviches de O Cairo despedíronse de Compostela coa choiva como escenario. As condicións meteorolóxicas obrigaron a reducir o pasarrúas que tiñan previsto ofrecer no serán polas rúas do casco vello, desviándoo cara ao Teatro Principal, onde tamén actuaron os brasileiros Barbatuques.
TURISMO
O festival de Clermont Ferrand realiza unha selección especial para "Curtocircuíto na Rúa"
Curtocircuíto na Rúa presenta o programa Carta Blanca Clermont Ferrand, o xoves 7 de agosto a partir das 22:30 horas, na praza das Praterías.
CULTURA
O espectáculo itinerante "Zancuda e monociclo" completa a presenza do clown no Festival dos Abrazos
O espectáculo itinerante Zancuda e monociclo percorrerá o xoves 7, a partir das 12:00 horas, as rúas do casco vello compostelán. Partirán do Teatro Principal, na rúa Nova, cara á praza de Praterías, tras o que pasarán pola Quintana, de camiño á praza da Inmaculada. Dende alí, despois de ofrecer unha pequena actuación, sairán de novo cara á Acibechería, subirán ata a praza de Cervantes, baixarán de novo á Acibechería e pasarán pola...
CULTURA
O público enche a praza da Quintana para participar no espectáculo de música e danza sufí dos Derviches de O Cairo
Unhas 1.500 persoas ateigaron a praza da Quintana para participar no envolvente espectáculo de danza sufí co que abriron os Derviches de O Cairo o seu paso polo Festival dos Abrazos. A variante que ofreceron os artistas exipcios desta danza de orixe turca denomínase altanura pola saia do bailarín, que pesa case 11 quilos e que está chea de cores, ao contrario que a danza turca, que se baila con chilabas brancas ou negras.
EDUCACIÓN
Educación destina 120.000 euros a obras de mantemento nos centros escolares
Como cada ano e aproveitando o período de vacacións, o Concello fará diversas obras de reparación e mantemento nos centros escolares. En total, destinaranse 119.822 euros para estes conceptos.