CONSORCIO

O trompetista venezolano Pacho Flores impartirá clases e ofrecerá tres concertos coa Real Filharmonía de Galicia

26/12/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. En xaneiro contarase coa presenza do aclamado trompetista venezolano Pacho Flores, que ofrecerá ademais tres concertos coa Real Filharmonía de Galicia: o día 11 en Santiago (Auditorio de Galicia), o 12 en Vigo (Teatro...

Ler máis

NADAL

A programación e as actividades diarias de Nadal retoman a normalidade este martes 26

25/12/2017

Despois do día de Nadal, a programación destas dataas continúa o martes 26 de decembro con dúas actividades destacadas. Por unha banda, o obradoiro de cantos de Nadal e danzas de Reis "As raíces na pedra" e, polo outro, o obradoiro de revalorización de peluches a través da súa reutilización. Ademáis continúan moitas das actividades que se desenvolven de maneira diaria.

Ler máis

NADAL

Máis actividades e diversión durante o día de Nadal

24/12/2017

Despois dunha fin de semana chea de actividades, entre as que destacaron as artes escénicas da man de Pistacatro e Candido Pazó, a ruada do Apalpador e a actuación do coro de Compostela en Escena, no día de Nadal continúan algunhas das actividades máis populares da programación, como a pista de xeo e o Belén de San Fiz.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os estudos de detalle das ARIS de Vite e de Pontepedriña

22/12/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe, de maneira inicial, catro dos cinco estudos de detalle da Área de Rehabilitación Integral de Vite, así como o estudo de detalle da ARI de Pontepedriña. Trátase dos documentos que establecen os criterios de intervención para a instalación de ascensores, así como para outras actuacións que busquen mellorar tanto as condicións de accesibilidade dos edificios como a eficiencia enerxética. Os estudos de detalle serán sometidos a exposición pública polo prazo dun mes,...

Ler máis

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle "Parafernalia", unha mostra retrospectiva da obra do escultor César Lombera

22/12/2017

A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

Ler máis

INFORMÁTICA

Ábrese a licitación do proxecto da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, no que participa Santiago

22/12/2017

A entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, vén de abrir o procedemento de licitación da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable. Trátase dun proxecto no que participa Santiago, xunto cos concellos de Madrid, A Coruña e Zaragoza, e que foi un dos beneficiarios da II Convocatoria de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España.

Ler máis
Compartir: