CONSORCIO
O Consorcio garantirá a conservación do antigo salón de plenos da Cámara de Comercio
O antigo salón de plenos da Cámara Oficial de Comercio de Santiago, situado na primeira planta do edificio da rúa Nova, realizado en madeira de calidade e considerable valor artístico, quedará a partir de agora baixo a tutela do Consorcio de Santiago. Así será tras a sinatura do convenio entre os presidentes dos dous organismos, Xosé A. Sánchez Bugallo e Jesús Asorey Carril.
DEPORTES
Os mellores valores do futuro do fútbol sala español compiten en Santiago
O pavillón municipal de Santa Isabel acolle ata o domingo 22 o Campionato de España Sub-20 de seleccións territoriais de fútbol sala. Con este motivo, os directivos e demais integrantes das seleccións participantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CIDADE HISTÓRICA
O Consello da Xunta autoriza un investimento de 3,5 millóns de euros para a mellora de tres zonas da Cidade Histórica
O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio entre a Consellería de Vivenda e Solo e a Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica para a reurbanización do espazo público en tres áreas da Cidade Vella. Esta actuación, que suporá un investimento de 3,5 millóns de euros por parte da Consellería, acordada nunha xuntanza mantida en 2008 entre as titulares dos dous departamentos, Teresa Táboas e Olga Pedreira. A cantidade executarase en dúas anualidades: 920.000 euros en 2009 e 2.580.000 euros...
EDUCACIÓN
Os alumnos de secundaria repasan a historia do século XX a través do rock
Continúa no Teatro Principal o ciclo de nove concertos que, ata o xoves 19 de febreiro, achega aos alumnos de secundaria á historia a través da música rock. Da man da Concellería de Educación e da Obra Social Ibercaja, uns 2.300 rapaces poderán gozar destes concertos, que corren a cargo do grupo Los Misterios e dunha narradora.
CULTURA
A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias ofrece un concerto no Auditorio
A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, dirixida polo seu director titular, Maximiano Valdés, e co pianista Kirill Gerstein, ofrecerá un concerto o xoves 19, ás 21:00 horas, cun programa composto con obras de Sibelius, Rautavaara e Brahms.
TURISMO
Máis de 140 empresas e entidades compostelás reciben a distinción de calidade turística
O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) outorgará en Santiago de Compostela 142 distintivos de calidade turística. Trátase do número máis alto dos entregados ata o momento na cidade e sitúa a Santiago como o cuarto destino con maior número de distincións entre os máis de cen destinos turísticos de toda España adscritos ao SICTED, segundo os datos da Mesa de Calidade Turística. Turismo de Santiago é o responsable da xestión local deste sistema de calidade...
ALCALDÍA
O Rexistro do Mercantil comezará a funcionar na nova sede o 2 de marzo
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos tres rexistradores de Santiago, Santiago Blasco (Rexistro do Mercantil), Teresa Ferrín (Rexistro da Propiedade número 2 e Oficina liquidadora) e Ana María Raposo (Rexistro da Propiedade número 1) na Casa do Concello.
FESTAS
O sábado de Antroido, en clave de cabaré
A Concellaría de Festas ten todo disposto para dar o pistoletazo de saída o Antroido 2009. Coa presentación oficial do programa de festas só queda esperar a que chegue o pregón para poñer os disfraces máis divertidos e orixinais e participar en todos os desfiles e concursos programados para estes cinco días de troula.
ALCALDÍA
Máis de 1.000 escolares formaranse sobre a contribución da tecnoloxía nos automóbiles á mellora do medio ambiente
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Alameda a Escola RACE-Renault de Responsabilidade Medioambiental, posta en marcha por estas dúas entidades en colaboración coas concellerías de Educación e de Mobilidade e Seguridade Cidadá. Esta singular aula móbil estará aberta do 17 ao 20 de febreiro e forma parte do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección ¿Onde está o perigo?.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o proceso de licitación de once das obras do fondo estatal
O Goberno local deu o visto bo aos pregos e iniciou os expedientes de contratación de diversos proxectos de obras incluídos no Fondo estatal de inversión local. Trátase de 11 obras que supoñen un investimento de 4.619.426 euros.