CONSORCIO

A RFG estrea "Mar ao norde", do compositor galego Fernando Buide, inspirada no libro de poemas homónimo de Álvaro Cunqueiro

04/11/2014

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro, o xoves 6 no Centro Cultural Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Ao día seguinte, o venres 7, a orquestra actuará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Ademais, o luns 10, a RFG ofrecerá un concerto no Auditorio Nacional de Música, en Madrid. Nas tres citas a batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello acomete un plan de podas que afectará a preto de 10.000 árbores

03/11/2014

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada do responsable de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, deu conta do plan de podas de inverno. Iniciado a finais de outubro, este programa de traballos prolongarase ata primeiros de abril de 2015 e afectará a unhas 10.000 árbores. Esta programación responde a unha planificación prevista para os vindeiros anos, co obxectivo de lograr un mantemento arbóreo máis sostible tanto no eido ambiental como no económico.

Ler máis

CULTURA

O pop de Apenino abre o ciclo de concertos do Ukelele Kit Project na Zona C

03/11/2014

Apenino (Marco Maril) ofrece un concerto na Zona C no que presentará as cancións do seu novo disco, Viravolta, que se publicará este mesmo mes de novembro. Trátase do concerto que abre o ciclo do Ukelele Kit Project e será este martes 4 de novembro, ás 20:30 horas. O prezo para este evento é de 5 euros e pode mercarse un abono para os sete concertos do ciclo a 25 euros. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas) ou na da Zona C o día do concerto.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións de turistas do Reino Unido en Santiago de Compostela creceron máis dun 80% entre os anos 2011 e 2013

01/11/2014

Turismo de Santiago promocionará a vindeira a semana a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que terá lugar en Londres entre o tres e o seis de novembro. Prevese a presencia de mais de 50.000 profesionais do sector. Aproximadamente o 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presenza de profesionais europeos e asiáticos.

Ler máis
Compartir: