ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu a directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM

05/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu a Xunta Directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM (Sociedade Española de Investigación Ósea e do Metabolismo Mineral), que se celebra en Santiago do 5 ao 7 de novembro. O rexedor participará mañá xoves na inauguración oficial do evento, que reúne prestixiosos especialistas nacionais e internacionais.

Ler máis

CONSORCIO

Miguelanxo Prado ofrece unha conferencia no Museo das Peregrinacións e de Santiago sobre os seus 30 anos de traxectoria profesional

04/11/2014

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a principios de agosto a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías. Trátase dunha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira destas características que se realiza en Galicia. Este mércores 5 de novembro, ás 18:00 horas, Miguelanxo Prado ofrecerá unha conferencia no museo titulada Espello retrovisor, centrada nos seus trinta anos de traxectoria profesional. A entrada ao acto é...

Ler máis

PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio e a Unidade Militar de Emerxencias asinan un convenio en materia de protección de bens culturais

04/11/2014

A Sala Histórica do Cuartel Xeral da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na base de Torrejón de Ardoz, acolleu a sinatura dun convenio de colaboración entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e a UME. Subscribiron o acordo o presidente do Grupo e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello, e o xefe da UME, o tenente xeneral do Exército de Terra César Muro.

Ler máis
Compartir: