CONSORCIO
Paquito D´Rivera, lenda viva do jazz latino, toca esta semana coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves 1 de marzo, en Santiago, no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas. O venres, a orquestra desprazarase ao Teatro Colón da Coruña, onde tocará tamén ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre e clarinetista valenciano Vicent Alberola, que ademais interpretará unha obra ao clarinete xunto a Paquito D´Rivera.
DEPORTE
Entregados os premios do VI Circuíto CorreSan de Carreiras Saudables
O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde a sexta gala de premios do Circuíto de Carreiras Saudables Corresan, que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da concelleira de Deporte, Noa Morales, e do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. O evento estivo conducido polo locutor Pablo Ríos.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local inicia o procedemento para revogar a licenza da planta de Miramontes
A Xunta de Goberno acordou hoxe incoar o procedemento de revogación de licenza de obras concedida para a construción da planta de tecnosolos de Miramontes, ao estimar que non se manteñen as condicións que motivaron a concesión dese permiso. A empresa responsable terá un prazo de 15 días para presentar as alegacións que considere oportunas.
ESPAZOS CIDADÁNS
Presentadas as Bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago
A Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade abrirá no mes de marzo o proceso participativo vinculado á elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica, despois de que foran presentadas as súas bases na reunión da comisión de seguimento do Plan Especial. Na mesma reunión, celebrada este venres, tamén se presentou o documento de avance para a avaliación ambiental do Plan Especial.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras da avenida de Vilagarcía
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras da avenida de Vilagarcía, nas que se van investir 340.000 euros. Ademais, na reunión de hoxe acordouse a apertura do procedemento de licitación do proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Triacastela. Este proxecto ten un orzamento de medio millón de euros.
ACCIÓN CULTURAL
"Me llamo Suleimán", a historia dos que teñen que abandonar o seu fogar e emigrar clandestinamente, no Teatro Principal
A compañía canaria Una Hora Menos presenta este sábado en Compostela Me llamo Suleimán, unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España, adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano.
CONSORCIO
O recoñecido pianista francés Alexandre Kantorow, de tan só 20 anos, toca esta semana coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar hoxe xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. E mañá venres, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. O mestre Jonathan Webb, principal director convidado da RFG, levará a batuta de ambos os dous concertos.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Principal acolle este venres a estrea do documental "Cerebro, artes, acción"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá o documental Cerebro, artes, acción, que se estreará no Teatro Principal mañá venres, 23 de febreiro, ás 20.30 horas, con entrada de balde. Na rolda estivo acompañada da creadora e directora da peza, Lara Bacelo.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago estréase no Circuíto Galego de Teatro Escolar da man do IES Antonio Fraguas
O IES Antonio Fraguas organiza o I Festival Galego de Teatro Escolar, que se celebrará o 4 de marzo e que conta coa colaboración do Concello. Con este certame, Santiago incorpórase por vez primeira ao Circuíto Galego de Teatro Escolar, que integra a municipios como A Estrada, Laxe, Muros, Ourense ou Palas de Rei.
CONSORCIO
O Consorcio destinará 150.000 euros ao programa "Ter é manter", que fomentará o pintado das fachadas dos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza deuse conta da aprobación da orde de axudas do programa "Ter é manter", dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros.