PLENO
Visto bo do Pleno á construción do Museo de Historia Natural e do edificio de Portos de Galicia
Coa aprobación definitiva polo Pleno das modificacións puntuais do Plan especial da Cidade Histórica no ámbito do Parque Universitario de Vista Alegre e do Plan parcial do SUNP-16 de Volta do Castro, é xa posible acometer a construción, respectivamente do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" e do novo edificio de Portos de Galicia.
CIDADE HISTÓRICA
Comeza a fase de difusión e comercialización do acceso a internet a través da rede Wimax
Rematado a finais de 2008 o despregue da Rede Wimax do Casco Histórico iCompostela, e concluídos os axustes técnicos para a súa posta a punto, a Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica vai desenvolver unha campaña informativa para dar a coñecer entre a veciñanza as características da Rede e os servizos aos que, dende xa, poden acceder.
UMAD
Un taller da UMAD orienta a pais e nais na educación para a responsabilidade e a independencia
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) segue a desenvolver diversas actividades preventivas destinadas a pais e nais. Nestes intres está en marcha unha nova edición do taller "Sinalando límites. Educar para a responsabilidade e a independencia", no centro Escolar Compañía de María e no Centro Abeiro (Cáritas).
DEPORTES
O Concello distingue aos catro clubs de fútbol máis deportivos da temporada 2007/08
A S.D. Grixoa (2ª Autonómica), o Noitebra C.F. (3ª Autonómica), o C.D Belvís (Xuvenil) e a S.D. Villestro (Cadete B) recibiron os trofeos á deportividade da temporada 2007/08.
TURISMO
Carpaccio para os máis pequenos da casa con "Santiago Repetirás"
O Parador Hostal dos Reis Católicos acolle o sábado 31 de xaneiro, ás 18:00 horas, un novo taller gastronómico para nenos e unha cata de viños maridados con produtos galegos, dentro das actividades do programa Santiago Repetirás, organizadas por Turismo de Santiago.
OMIC
A OMIC elabora un formulario para reclamar indemnizacións ante a interrupción de subministro eléctrico
Ante os problemas sufridos nalgunhas zonas de Santiago relativos á falla de subministro eléctrico nos últimos días por mor do temporal, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor vén de elaborar un formulario para que os usuarios que se viron afectados por esta circusntancia poidan reclamar ante Unión Fenosa. Os devanditos formularios poden solicitarse nas dependencias da OMIC (rúa Salvador Allende, 6-8, baixo) ou descargase nesta páxina web.
ALCALDÍA
Un documento de traballo determinará en xullo os dispositivos para garantir a seguridade do Xacobeo
Constituíuse en Raxoi a Comisión de cooperación para a xestión e desenvolvemento do Ano Santo 2010, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu. Esta Comisión encargarase de coordinar todo o relativo ao mantemento da seguridade e á atención aos milleiros de visitantes que terá a cidade.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello inicia as obras de emerxencia motivadas polo temporal en Xoán XXIII, Amio e varias instalacións deportivas
A Xunta de Goberno aprobou con carácter de urxencia a relación de obras de emerxencia ocasionadas polo temporal na noite do 23 e 24 de xaneiro. Procederase de inmediato á realización destas obras, cun custo avaliado inicialmente nuns 300.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio investirá máis de dous millóns de euros en intervencións na rúa do Home Santo e no Pazo de Bendaña
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida en sesión ordinaria polo alcalde e presidente da entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou, entre outros acordos, intervencións na rúa do Home Santo e no Pazo de Bendaña. Estas dúas obras supoñen un investimento de 2.125.569 euros.
TURISMO
Santiago mantén o seu liderazgo turístico entre as cidades Patrimonio e da España Verde
O número de pernoctacións en Santiago no ano 2008 foi de 1.124.881, fronte ás 1.153.533 do 2007, o que supón unha baixada do 2,48%, segundo os datos do INE. Para valorar os datos hai que ter en conta dous factores: por unha banda prodúcense nun entorno de crise económica internacional que está a afectar ao sector; por outra prodúcense fronte ao ano 2007, no que Santiago viviu un dos mellores anos turísticos da súa historia, converténdose no destino urbano do Estado con maior crecemento –un 13,82%. De feito, no ano...