NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Vinte rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos participarán en "AnimaLingua"
A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, mantivo unha xuntanza cos pais dos 20 rapaces que participarán entre o 17 e o 26 de agosto na granxa escola de inmersión lingüística AnimaLingua, na Fervenza do Toxa (Silleda). Na reunión, celebrada na Casa das Asociacións de Cornes, participaron tamén os monitores responsables do desenvolvemento da actividade.
CULTURA
O Festival dos Abrazos encherá de cultura as rúas, prazas e parques con 130 actividades
Compostela encherase en agosto de creatividade co Festival dos Abrazos. As rúas, prazas, parques e xardíns de Santiago de Compostela acollerán 130 propostas artísticas innovadoras, que foron presentadas pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez. Música, danza, circo, teatro, obradoiros, proxeccións audiovisuais, performances e arte dixital conforman a programación, que abarca dende pequenas intervencións de rúa a grandes concertos.
FESTAS
Fangoria presenta en Compostela o noveno traballo da súa carreira
Tras quince intensos días cheos de actividades, concertos e diversión, as Festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica Parente Firework. O espectáculo comezará ás 23:00 horas.
PLENO
O Concello insta á Xunta a manter os acordos en materia de promoción de liñas de baixo custo
Cos votos favorables do Grupo de Goberno, o Pleno municipal aprobou unha moción pola que se insta á Xunta para que a Secretaría Xeral para o Turismo manteña os acordos asinados coa empresa municipal INCOLSA nos termos establecidos o 14 de marzo de 2005, en tanto non se teña acordado un novo convenio.
PLENO
Nova regulación para a instalación de ascensores en edificios residenciais xa existentes
O Pleno municipal aprobou o texto inicial da nova ordenanza reguladora das condicións para a instalación de ascensores en edificios de carácter residencial. Esta norma dará solución aos problemas que poidan derivarse da instalación destes elementos, tan necesarios para mellorar as condicións de accesibilidade das vivendas.
PLENO
O Pleno acorda a concesión da medalla de ouro da cidade a Xerardo Fernández Albor
A proposta do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Pleno municipal acordou por unanimidade a concesión da medalla de ouro da cidade ao doutor Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente da Xunta de Galicia.
FESTAS
A Compostela Carpa Cabaré despediuse do Apóstolo 2009 con grande éxito de público
A Compostela Carpa Cabaré baixou o pano. Foron 4 días de espectáculos, con disciplinas tan variadas como o cabaré, o swing, o blues, o dixie, o mimo, o clown, o escapismo ou os malabares. Música en directo, unha compañía de teatro anfitriona de ceremonias, e unha resposta espectacular por parte do público.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago non está endebedado por riba do límite legal do 110%
O Concello de Santiago, no exercicio 2006 -ano ao que fai referencia o Informe do Consello de Contas- non estaba por riba do límite legal establecido na Lei de Facendas Locais. Así o afirma o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen xa deu as directrices oportunas para que os servizos económicos do Concello remitan ao Consello os documentos acreditativos correspondentes .
EDUCACIÓN
Actividades no Centro de Interpretación do Medio Rural de Santiago de Compostela
Coa posta en marcha do Centro de Interpretación do Medio Rural de Portela, na parroquia de Figueiras, o Concello quere invitar a todos/as cidadáns tanto de Compostela como dos arredores, a coñecer o Centro.
ALCALDÍA
Santiago e Padrón comprometen a súa colaboración no Ano Xacobeo 2010
Padrón volveu ser protagonista no seu día nas Festas do Apóstolo. A Corporación da vila veciña, encabezada polo seu alcalde, Camilo Forján, desprazouse a Santiago para vivir esta xornada festiva. En abril fora a delegación municipal compostelá a que vivira en Padrón as súas festas da Pascua.